Domingo 2 de Advento C
DOMINGO II DE ADVENTO - CICLO C
Primeira
Lectura Bar 5, 1-9
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA BARUC
Deus vai mostrar o
teu esplendor
Xerusalén,
quita o vestido da túa dor e da túa desgraza ,
e viste para sempre
o esplendor da gloria que vén de Deus.
Envólvete no manto
glorioso da xustiza que vén de Deus:
pon na túa cabeza o
diadema da gloria do Eterno.
Deus
vai mostrar o teu esplendor a toda cidade baixo o ceo,
pois Deus fará que
o teu nome sexa para sempre
"paz da
Xustiza e Gloria da Piedade diante de Deus".
Ponte
de pé, Xerusalén, ponte de pé no alto,
e mira cara ao
nacente,
olla os teus fillos
reunidos pola palabra do Santo,
alegres pola
lembranza do Señor
desde o poñente ata
o nacente.
Saíron
de onda ti,
levados a pé polos
inimigos,
pero Deus
devólvechos en andas de gloria,
coma un trono de
realeza.
Pois
mandou o Señor que se rebaixasen
os montes altos e
os vellos outeiros
e que os barrancos
se enchesen volvéndose chairas,
para que Israel
camiñe con paso seguro,
guiado pola gloria
de Deus;
e por orde de Deus
as árbores do bosque e as plantas recendentes
déronlle sombra a
Israel.
Si,
Deus conducirá a Israel con alegría á luz da súa gloria,
coa misericordia e
a xustiza que están con El.
Palabra do
Señor R/ Grazas
a Deus
SALMO
RESPONSORIAL
Sal 125, 1-2ab. 2cd-3. 4-5. 6
R/. (3): O Señor
fai connosco cousas grandes, estamos cheos de alegría.
Cando o Señor
cambiou a sorte de Sión,
parecíanos un soño.
A boca enchéusenos
de risos,
a lingua de
cantares.
Daquela dicían os
pagáns:
"O Señor fixo
con eles cousas grandes".
O Señor fixo
connosco cousas grandes,
estamos cheos de
alegría.
Cambia, Señor, a
nosa sorte,
coma os regatos no
deserto.
Os que sementan
entre bágoas,
recollen entre
cantares.
Cando van, van
chorando
os que levan a
semente.
Ó viren, veñen
cantando
os que traen os
seus monllos.
Segunda
Lectura Flp 1, 4-6. 8-11
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS FILIPENSES
Sede sinceros e
permanecede sen pecado para o día de Cristo
Irmáns:
Sempre
que rezo por vós, fágoo con alegría, pola parte que vides tomando na difusión
do Evanxeo desde o primeiro día ata hoxe. Eu confío en que o que encetou en vós
un traballo bo, halle de ir dando cabo de aquí ao día de Cristo Xesús.
(Ben sabe Deus con que morriña
cristiá vos boto a faltar aquí! E na miña oración pido que o voso amor reborde
de coñecemento e de sensibilidade para todo: así poderedes acertar co mellor
para chegardes enxebres e sen tacha ao día de Cristo Xesús, e cheos do froito
da xustiza que se consegue por medio de Xesús Cristo para gloria e loanza de
Deus.
Palabra do
Señor R/
Grazas a Deus
ALELUIA Lc 3, 4. 6
Se non se canta,
pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Preparade os
camiños do Señor endereitade os seus carreiros;
todos verán a
salvación de Deus.
Aleluia.
Evanxeo Lc 3, 1-6
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Todos verán a
salvación de Deus
No
ano quince do reinado do emperador Tiberio César, sendo Poncio Pilato
gobernador de Xudea e Herodes tetrarca de Galilea; sendo Filipo, o seu irmán,
tetrarca de Iturea e mais da Traconítide, e Lisanias, tetrarca de Abilene:
durante o pontificado de Anás e Caifás, chegoulle a Palabra de Deus a Xoán,
fillo de Zacarías, no deserto.
Entón
el percorreu toda a rexión do Xordán, pregoando un bautismo de conversión, para
acadar o perdón dos pecados, conforme está escrito no libro do profeta Isaías:
Unha
voz chama no deserto:
Preparade os
camiños do Señor,
reparade os seus
vieiros.
Toda barranqueira
se cubrirá
todo monte e
outeiro se rebaixará,
os camiños tortos
hanse endereitar
e os fragosos hanse
achanzar.
E todos verán a
salvación de Deus.
Palabra
do Señor R/.
Loámoste, Cristo
2º DOMINGO DE ADVENTO C 2015
TOMADO DE: http://remoldapalabra.blogspot.com.es/
POWER POINTS
CANTO GOZOSO
ENTRADA: Volve Señor
LECTURAS: Escoita ti
OFERTORIO: Como che cantarei
COMUÑÓN: Vén axiña visitarnos
ESCOITA ACTIVA
Avanzando neste tempo de preparación ao Nadal que é o Advento, aparece hoxe
nos textos da palabra de Deus Xoán o Bautista. Irrompe na liturxia deste
domingo para lembrarnos o obvio, inda que moitas veces non o queiramos nin ver
nin escoitar: preparémonos para que a celebración do nacemento sexa iso,
celebración. Esforcémonos por deixar atrás rutinas, costumes, consumo ou canto
identifique Nadal con nostalxia, tristura ou discusión de familia no canto de
unión agradecida porque Deus vén. Fagamos coma Xoán: preparémonos con sentido
de fe, acollida e ledicia compartida. Porque a salvación deixou de ser unha
palabra baleira para converterse en realidade no Xesús que vai chegar e ao que
lle queremos facer sitio en nós.
CORAZÓN
MISERICORDIOSO
• Volve, Señor, danos a paz diante das
situacións nas que temos sido conflitivos e desagradables cos demais; RENÓVANOS POR DENTRO, SEÑOR.
• Volve, Señor, para que o pesimismo non
aniñe en nós e nos converta en persoas tristes e sen alegría no corazón; RENÓVANOS POR DENTRO,
CRISTO.
• Volve, Señor, para que saibamos deixar
atrás todo canto nos fai desconfiados e insensibles ás dificultades dos demais;
RENÓVANOS POR DENTRO, SEÑOR.
OLLOS ABERTOS E
PÉS NO CHAN
• Neste noso ir acompañando o cambio do
corazón e a preparación para celebrar o Nadal con sentido cristián, engadimos
hoxe no taboleiro a silueta duns mozos/as, para continuar facendo deste tempo
de Advento unha marabillosa oportunidade de reflexionar, -desde a misericordia-
sobre a familia e o importante que esta estea unida, non polos papeis (iso non
é mais ca puro formalismo sen contido), senón polo amor, o respecto e a as
relacións de agarimo que se van desenvolvendo dentro dela. E todos nós -por iso
non falamos de memoria, senón desde a experiencia-, somos membros dunha
familia; unha familia que non é nin mellor nin máis mala que as outras, pero si
é a nosa, a que temos que ir coidando e termando dela para que a vaiamos
convertendo nun espazo onde sexamos escoitados; un espazo onde non nos sintamos
nin estraños nin clientes; un espazo que estea rexido pola capacidade de aprender
a preocuparnos uns polos outros para que nos momentos bos celebremos as
ledicias, e cando nos veñen malas atopemos unhas mans, uns ollos, unhas
palabras e un corazón enchoupados da tenrura do Deus que nos axuda a “quitarnos
o vestido da dor e da desgraza” para axudarnos a vestir co que nos ofrece, sen
mirar para outro lado e ignorar a realidade: o da esperanza e mais da alegría.
Non esa alegría que só é froito da maquillaxe externa, senón a alegría do
corazón. A alegría profunda que nos cambia e nos fai sentir con ánimo e forza
cando as cousas veñen duras e difíciles, que a todos nos veñen, non nos
enganemos. Por iso nos deixamos levar -que non manipular- da man de Deus. El
danos, e nel atopamos, a seguridade que a nós tantas veces nos falta.
• Deste xeito, como ben di Paulo, a
oración non é rutina, repetición nin aburrimento, senón comunicación
esperanzada do que nos vai pasando na vida. É conversa sinxela, sincera e
tranquila, do que vai acontecendo cada día. Así, haberá días nos que so
poidamos dicir: Señor, hoxe non vexo saída, parece que tódalas portas se me van
pechando; namentres haberá outros nos que compartamos a ledicia de que as
cousas van indo por onde pensabamos, o que nos aleda e agrada. Porque rezar,
orar, comunicarnos con Deus é iso: abrirlle o noso corazón, sen disimulos nin
frases bonitas, e sentir que non estamos solos para afrontar canto nos vai
chegando...o bo e tamén o malo. Orar, como ben lles dicía Xesús ao ensinarlles
o Noso Pai é deixarnos levar da confianza que poñemos Nel, para non facer o
camiño solos. É tamén ter a capacidade para erguer a vista e darnos conta de
que non estamos sós; que ao noso lado segue a haber xente á que podemos
tenderlle a man ou compartir con ela un pouco do noso tempo. Por iso a oración
ten unha dobre dirección: de nós para con Deus e de nós para cos demais. Unha
dobre dirección que se vai retroalimentando na confianza e o diálogo de quen
sabe que aínda que sexa moi difícil o camiño, non o vai facer en solitario. Iso
a Paulo producíalle moita alegría, e ben seguro que a nós tamén. Deste xeito
deixará de ser un monólogo centrado en nós mesmos para abrirse á preocupación
polos que están ao noso lado e á confianza en Deus.
• Esta experiencia, fonda e sempre
aberta á confianza, é a que nos trae Xesús. Por iso celebramos o Nadal. Non
como festa de consumo e luces de moitas cores, que distraen pero non curan os
corazóns magoados, senón como experiencia de acollida en cada un de nós; e
desde nós nas nosas familias, do Deus que se fai un igual: sinxelo, pequeno,
necesitado, sen alardear de ser nin máis importante nin superior. O evanxelista
Lucas, tal como vimos de escoitar, utiliza unha fermosa metáfora para axudarnos
a entendelo e vivilo, e dinos, que se somos capaces de cambiar o corazón, e
deixar atrás toda a roña que nel se foi acumulando, entenderemos por que
desaparecerán as barranqueiras –tan perigosas e inesperadas– e se rebaixaran os
montes; é dicir: aprenderemos a ver a realidade non desde as dificultades,
senón desde a posibilidade de ir cambiando cousas ata que aquelas desaparezan
de seu. Que fagamos logo deste tempo de Advento unha experiencia que faga
posible que os camiños tortos endereiten e as fragas se achanden.
FRATERNIDADE
ORANTE
Porque a ledicia do corazón é posible, compartamos, como comunidade que
somos, este momento de oración comunitaria e digamos xuntos:
QUE NOS DEIXEMOS ACOMPAÑAR POR TI
Que fagamos da Igrexa, Señor, como
nos repite unha e outra vez o papa Francisco, un hospital de campaña que estea
sempre preparado para acoller, escoitar e sandar as feridas que a vida vai
producindo nos nosos corazóns, OREMOS.
QUE NOS DEIXEMOS ACOMPAÑAR POR TI
Que as nosas celebración rompan a
rutina que nos desgana e impide que poidamos vivilas, celebralas e compartilas
como experiencias de gozo, esperanza e solidariedade diante do que nos fai
sufrir e sentirnos moitas veces esquecidos e solos, OREMOS.
QUE NOS DEIXEMOS ACOMPAÑAR POR TI
Para que cantos nos reunimos hoxe
para rezar e renovar a forza da nosa esperanza en Deus abramos o corazón para
que a misericordia sexa a que guíe o acontecer das nosas familias no amor, o
perdón e a axuda mutua, OREMOS.
QUE NOS DEIXEMOS ACOMPAÑAR POR TI
Grazas, Señor, por facer deste momento de oración experiencia comunitaria
de unión e solidariedade nas esperanzas e tamén nas dificultades que nos imos
atopando na vida. Que a forza de canto rezamos sexa sempre para nós pulo de
esperanza. P.X.N.S. Amén.
MIRADA
ESPERANZADA
A historia escribímola
sempre desde os grandes,
desde eses que dicimos
que “fixeron historia”,
desde os poderosos,
Cando escribiremos a
historia desde embaixo?
Desde os ninguén:
os que non teñen conta
corrente de moitos números,
os que non cotizan na
bolsa,
os que non xogan ao
fútbol nin gañan moito,
desde os enfermos,
desde os que viven nos
países empobrecidos,
desde as vítimas
inocentes do afán de poder
e da intolerancia dos
que queren mandar e controlar.
Todo o contrario do
que nos pasa con Deus:
El escribe a historia
desde os de embaixo.
El mesmo fíxose
historia para ser un de nós.
El segue a facer
historia na xente sinxela:
os que non teñen casa,
os que viven no baldío
da desesperanza e a tristura,
os que se senten solos
e esquecidos.
Vivimos crendo que os
únicos que teñen a verdade,
tamén na Igrexa, son
os de enriba.
Esquecemos o
importante:
que Deus tamén
agasalla, mellor: agasalla principalmente,
coa verdade aos de
embaixo.
Que poñamos o oído
atento para escoitar e entender a súa mensaxe.
(Desde unha idea do libro de Cáritas.)
Comentarios
Publicar un comentario