Domingo 4 de Advento C
DOMINGO IV DE
ADVENTO - CICLO C
Primeira Lectura
Miq 5, 1- 4a
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA MIQUEAS
De ti sairá quen domine a Israel
Isto
di o Señor:
E
ti, Belén de Efratah, tan pequeniña entre as familias de Xudá,
de ti vai saír un
que será o soberano de Israel;
a súa orixe é desde
antigo, desde os días do comezo.
El
seranos conservado para sempre, mentres haxa muller que dea a luz;
o resto dos seus
irmáns volverá,
e serán devoltos os
fillos de Israel.
Manterase
firme e pastoreará co poder do Señor,
coa gloria do nome
do Señor, o seu Deus,
e cando se instalen
ata o mesmo cabo da terra, estenderá a súa grandeza:
"o da
Paz" será o seu nome.
Palabra do
Señor R/
Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 79, 2ac e 3b. 15-16. 18-19
R/. (4): Restáuranos,
Deus; que brille o teu rostro e seremos salvos.
Escoita, pastor de
Israel,
que guías o rabaño
de Xosé;
ti que sentas sobre
os querubíns,
esperta o teu poder
e ven salvarnos.
Vólvete, Deus dos
exércitos,
olla desde o ceo e fíxate,
ven visita túa
viña,
a videira que
plantaches coa túa man,
o bacelo que ti
fortaleciches.
Que a túa man
protexa o teu elixido,
o home que ti
fortaleciches.
Non nos afastaremos
máis de ti;
dános vida de novo,
e invocaremos o teu nome.
Segunda Lectura
Hebr 10, 5-10
LECTURA DA CARTA AOS HEBREOS
Velaquí veño para
face túa vontade
Irmáns:
Cando
Cristo entra no mundo, di:
"Sacrificio e
ofrenda non os quixeches,
pero formáchesme un
corpo;
os holocaustos e os
sacrificios de expiación
non che gustaron;
entón dixen:
Velaquí
que vin, meu Deus,
para face túa
vontade
Di
no comezo:
"Sacrificios,
ofrendas, holocaustos e víctimas de expiación, nin os quixeches nin che
gustaron" (todos eles ofrécense segundo a Lei); e di despois:
"Velaquí que vin para face túa vontade".
Desbota
o primeiro para afirmar o segundo. E por esta vontade de Deus quedamos
santificados dunha vez por todas coa ofrenda do corpo de Xesús Cristo.
Palabra do
Señor R/
Grazas a Deus
ALELUIA Lc 1, 38
Se non se canta,
pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Velaquí a escrava
do Señor,
cúmprase en min o
que dixeches.
Aleluia.
Evanxeo
Lc 1, 39-45
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Quen son eu para
que me visite a nai do meu Señor?
Naqueles
mesmos días, saíu María con moita présa camiño da montaña, a unha cidade de
Xudá.
Entrou
na casa de Zacarías e saudou a Isabel. E en oíndo Isabel o saúdo de María, o
neno brincoulle no ventre, e Isabel quedou chea de Espírito Santo e exclamou a
grandes voces:
‑
Bendita ti entre as mulleres, e bendito o froito do teu ventre. Quen son eu
para que me visite a nai do meu Señor?
Pois
ao que chegou o teu saúdo aos meus oídos, o neno brincou de alegría no meu
ventre. Ditosa aquela que creu, pois hase cumprir canto lle anunciaron de parte
do Señor.
Palabra
do Señor
R/. Loámoste, Cristo
Deus
móstrasenos, non se agocha. A pesar das dificultades e problemas; por moito que
nos veña a tentación de darlle as costas, El segue a confiar en nós para
ofrecernos a súa misericordia - 4º advento C 2015
TOMADO DE: http://remoldapalabra.blogspot.com.es/
SINAL DE ADVENTO: Colocamos no taboleiro
a derradeira silueta: os avós e as avoas. Con ela completamos o cadro que ao
longo do tempo de Advento invitounos a reflexionar sobre a realidade das nosas
familias; para que fosemos descubrindo que a familia ha ser o centro desde o
que comecemos a aprender a vivir a misericordia que nos ofrece o Deus Neno que
chega e chama, para quedar nas nosas casas.
CANTO GOZOSO
·
ENTRADA: Volve, Señor
·
LECTURAS: Señor Xesús, bendito sexas
·
OFERTORIO: Pan do ceo, pan de vida
·
COMUÑÓN: Vén axiña visitarnos
ESCOITA
ACTIVA
Chega a paz. Non ten outro nome. Non
quere ser Deus de guerra, violencia, enfrontamento ou poder. El é a paz. A paz
que camiña na xustiza, a paz que trae igualdade, a paz que acolle e non
diferenza. Sendo tan clara a súa mensaxe, por que nos empeñamos en enturbala e
enchela de sombras coas que poñemos por diante os nosos intereses no canto do
seu proxecto de igualdade, dignidade e misericordia?
Deixemos que El remova os nosos
corazóns para que latexen na acollida e escoita. E que a nosa celebración nos
axude a saír dela cheos da forza que non recúa ante as dificultades nin se
deixa levar polo que todos fan. Abramos camiños novos que mostren o rostro
misericordioso de Deus!
CORAZÓN
MISERICORDIOSO
·
Porque deixamos que a tentación da
desgana nos venza; SEÑOR, QUE DEIXEMOS ATRÁS O NOSO EGOÍSMO.
·
Porque investimos moito tempo no
superficial e desaproveitamos o necesario; CRISTO, QUE DEIXEMOS ATRÁS O NOSO
EGOÍSMO.
·
Porque nos pode a comodidade e
afastámonos do que nos esixe esforzo; SEÑOR, QUE DEIXEMOS ATRÁS O NOSO EGOÍSMO.
OLLOS ABERTOS
E PÉS NO CHAN
Cantamos moitas veces
nas celebracións que o “ pouco con Deus é moito”. E algo así é o que tamén nos
vén dicir a lectura do profeta Miqueas que acabamos de escoitar.Se contemplamos
o mundo e o xeito de actuar de tantas persoas nel, esta é unha palabra que vai
contracorrente. Poderiamos preguntarnos, no caso que só miraramos as cousas do
lado dos triunfadores e dos que teñen poder: como Deus se vai facer presente
nos perdedores, nos esquecidos, nos que nada teñen, nos que non se espera nada
deles, nos... porque unha e outra vez nos teñen ensinado, e vémolo tamén nos
medios de comunicación, que a felicidade e o éxito son dos triunfadores, dos
que teñen moito, dos que queren sempre máis, dos que non dubidan a recorrer a
calquera medio para consegui-lo que queren... Pois mira pon onde, diante desta
maneira de ver e facer as cousas, Deus mándanos unha mensaxe diferente: do
lugar máis pequeno e escondido, da familia onde non hai triunfo nin éxito,
senón traballo e esforzo cotián, de alí é de onde vai xurdir o novo, a
esperanza, o que aleda, o que nos fai ser e vivir o máis humanamente posible.
De aí, do non éxito e da xenerosidade feita misericordia, vai nacer aquel que
nos vén traer algo tan sinxelo, pero tan difícil de entender para quen as
claves son outras, como é a salvación. É dicir: a mirada amiga, a calor da
amizade, a solidariedade que brota do corazón, o sorriso que se ofrece para
compartir... o sentido da vida en esperanza. Por iso ten forza e sentido para
nós, os cristiáns, cantar, rezar e crer que o pouco, con El, sempre será moito;
namentres telo todo non asegura nin a felicidade nin a alegría que só pode saír
do corazón.
E este Deus que se nos
mostra, que non se esconde, nin lle volve a cara aos problemas que imos tendo é
o Deus no nome de quen nos reunimos para sentir a súa forza e celebrar que teña
respectado a nosa liberdade; que nos teña invitado a crecer na autonomía; que
nos siga a dar unha e outra vez oportunidades. Este é o Deus que se aleda cando
nos esforzamos por vivir nun ambiente familiar onde, inda que non haxa luxo nin
riqueza, hai amor, respecto, escoita e capacidade de ofrecerse como man para
camiñar cara adiante e corazón incapaz de ignorar que só compartindo e
axudándonos podemos e seremos capaces de entender que non é no xeito de facer
as cousas, esquecendo ás persoas e poñendo no centro as ganancias; tal e como
fan os que só entenden as relacións como poder e dominio, senón na
xenerosidade, na gratuidade de quen comparte ou na reivindicación xusta e
solidaria que se une nunha soa voz para denunciar todo atropelo das persoas, e
promove a escoita activa e transformadora de actitudes e comportamentos que non
se deixan vencer polo medo, senón que afrontan as dificultades e os retos,
desde a loita de todos. Só así poderemos acadar outro mundo posible, distinto. Para iso
necesitamos converternos neste tempo de Advento; pois Xesús non é unha figura
tenra nun nacemento, senón a presenza que denuncia todo sometemento e abuso. Aí ha
estar sempre a nosa voz.
Por iso e para iso
segue a visitarnos, non só por Nadal, senón sempre. E se estamos dispostos a
facerlle oco seremos tamén ditosos e benditos, como o foron María e Sabela.
Elas, mulleres nun mundo de homes, superaron prexuízos: unha xa era moi maior
para ter fillos, e a outra ía ter un fillo sen vivir aínda co seu home. Pero
non tiveron medo nin se deixaron levar das presións sociais e externas. Este é
o reto hoxe para cantos queremos ser e vivir en familia: romper os estereotipos
que moitas veces nos presentan dicindo que todo ten data de caducidade, tamén
as familias, e afrontemos o reto de mostrar que desde a confianza no Deus que
chega, e ao que estamos dispostos a abrirlle a porta e invitalo a pasar. Ás
dificultades, que serán e virán, seremos capaces de facerlle fronte. E diante
do medo ao que dirán, comezará a agromar o amor, por riba dos papeis e do que
sempre se fixo, para mostrar que cando Deus está polo medio, os problemas non
desaparecen, pero a esperanza alenta a que é posible loitar por superalos.
FRATERNIDADE
ORANTE
Como Sabela e María,
tamén nós queremos seguir poñendo a confianza en Deus,e por iso xuntos dicimos:
SEÑOR, QUE OS PREXUÍZOS NON MATEN A NOSA ESPERANZA
Para que Igrexa,
seguindo o guieiro de Xesús, e acollendo a invitación do papa Francisco de
crecer en misericordia, practique o perdón e venza os seus prexuízos de querer
xulgar sempre todo a todos, OREMOS.
SEÑOR, QUE OS PREXUÍZOS NON MATEN A NOSA ESPERANZA
Para que nas
parroquias esteamos dispostos a poñer en práctica o que lle pedimos ao papa,
bispos e curas, e sexamos comunidades xenerosas, solidarias e misericordiosas,
OREMOS.
SEÑOR, QUE OS PREXUÍZOS NON MATEN A NOSA ESPERANZA
Para que nós nos
deixemos enchoupar do espírito de misericordia que cambia os nosos corazóns e
esíxenos poñer en práctica a compaixón desde o saber estar ao lado dos que
vemos e sabemos máis necesitados, OREMOS.
SEÑOR, QUE OS PREXUÍZOS NON MATEN A NOSA ESPERANZA
Grazas, Señor, por invitarnos a vivir na misericordia e con misericordia,
facendo o esforzo por superar prexuízos e achegar esperanza. P.X.N.S. Amén.
MIRADA
ESPERANZADA
Deus comeza sempre polo corazón...
Pero acaba baixando aos pés.
Mellor dito: Deus ponlle pés ao corazón...
María recibiu do anxo a nova de que a súa curmá,
xa moi maior, ía ter un fillo.
Non fixo falta máis: púxose en camiño e alá foi.
O amor descobre as necesidades dos demais.
O amor non necesita que ninguén lle pida favores.
O amor non necesita que alguén lle pida axuda.
María non esperou a chamada de Sabela. Foi.
Porque o amor non espera.
Onde está a mirada, o amor pasa do corazón aos pés.
E o amor pon en camiño ao corazón.
O corazón pon présa nos pés.
Amor, corazón e pés fanse servizo para os demais.
Que, do mesmo xeito que fixo María,
saibamos ir sen que nos chamen,
abrir sen que peten
e acompañar sen que nolo digan.
(Parafraseando
o texto da p.74 do libro de Cáritas)
Comentarios
Publicar un comentario