Hante adorar, Señor, tódolos reis da terra - Salmo 71


Queridos Reis Magos:

Este ano quero pedirvos que non me traiades nada para min.
Tódolos anos estou a pensar e pensando no que quero, 
creándome necesidades novas e buscando outros caprichos, 
para aproveitar este día e sacarvos partido.
Pero este ano vou pedirvos que me descentrédes de min mesmo, 
que me axudedes a saír deste egoísmo que me envolve, 
para escoitar soamente o que lle pasa aos demais.

Este ano poderiades cambiar o ouro, incenso e mirra, 
por outras cousas que urxen máis.

Traede traballo para os que non o teñen 
e quitádenolo aos que temos de máis.
Traede sensibilidade 
para adiviñar o que necesita a persoa que temos á beira.
Traede paz, 
para que freemos os pequenos e grandes desencontros.
Traede acougo, 
para que non andemos todos como tolos correndo tras non sei que.
Traede equilibrio, 
para que atopemos todos a mellor maneira de vivir.
Traede serenidade, 
para que saibamos aceptar as dificultades da vida.
Traede escoita, 
para que nos fagamos oco no corazón uns a outros.

Traede encontros, 
para que nos gocemos mutuamente.
Traede apertas, 
para que nolos regalemos na vida diaria, que sanan moito.
Traede romances, 
para que non deixemos que a rutina apague o noso amor.
Traede austeridade, 
para que aprendamos a vivir na liberdade do non ter todo.
Traede paciencia, 
para que saibamos respectar os ritmos da vida, sen acelerala.
Traede resurrección, 
para que esteamos convencidos de que non hai morte que nos poida.
Traede tenrura, 
para encher o mundo de Amor e sentirnos todos irmáns.
Traede diversión, 
para vivir a apaixonante aventura da vida con faísca e con humor.
Traede intimidade, 
para coidar os momentos especiais con Deus e cos irmáns.

Traédenos a Deus, 
mellor, non traiades nada do anterior,
 traédenos a ese Deus que vos atopastes,
 porque con El na nosa vida conseguiremos todo o anterior.


Comentarios

Publicacións populares