Domingo 2 de Ordinario - ciclo B
2º DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO -
CICLO B
Primeira Lectura 1 Sam 3,
3b-10. 19
LECTURA DO PRIMEIRO LIBRO DE SAMUEL
Fala, Señor, que o teu servo escoita
Naqueles días, Samuel
estaba deitado no santuario do Señor, onde estaba a arca de Deus.
O Señor chamou por
Samuel e este respondeulle:
‑ Aquí estou.
E, coa mesma, foi correndo
onda Elí e díxolle:
‑ Aquí estou, pois chamaches
por min.
Elí díxolle:
‑ Eu non te chamei; vai e
déitate.
E Samuel volveu deitarse.
O Señor chamou de segundas
por Samuel.
Samuel ergueuse e foi onda
Elí, e díxolle:
‑ Aquí estou, pois chamaches
por min.
Elí respondeulle:
‑ Eu non te chamei, meu
fillo; vai e déitate.
Daquela Samuel non coñecía o
Señor, pois a palabra do Señor aínda non se lle revelara.
O Señor chamou por terceira
vez a Samuel, quen se ergueu e foi onda Elí, e díxolle:
‑ Aquí estou, pois chamaches
por min.
Entón decatouse Elí de que
era o Señor quen chamaba o rapaz, e díxolle a Samuel:
‑ Vai e déitate, e se te
chama outra vez, dirás: "Fala, Señor, que o teu servo escoita".
Samuel marchou e deitouse no
seu sitio.
O Señor presentouse e chamou
coma as outras veces:
‑ Samuel, Samuel!
E Samuel dixo:
‑ Fala, Señor, que o teu
servo escoita.
Samuel ía crecendo; o
Señor estaba con el e non deixou sen cumprimento ningunha palabra súa.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 39,
2 e 4ab. 7-8a. 8b-9. 10
R/. (8a e 9a): Aquí veño, Señor, para facer a túa
vontade.
Esperei arelante no Señor:
el volveu cara a min os seus ollos
e escoitou o meu lamento.
Púxome na boca un cantar novo,
un himno de loanza ao noso Deus.
Sacrificios e ofrendas non os queres,
pero formáchesme uns oídos.
Non pides holocaustos nin sacrificios de expiación;
entón eu digo: "Aquí veño".
No texto do libro está escrito de min
que debo facer a túa vontade.
Meu Deus, iso é o que eu quero,
e o teu mandato está no meu corazón.
Proclamei a túa xustiza diante da grande asemblea,
non pechei os meus labios: ben o sabes, Señor.
Segunda Lectura 1 Cor 6,
I3c-I5a. I7-20
LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS CORINTIOS
Os vosos corpos son membros de Cristo
Irmáns:
O corpo non é para a fornicación,
senón para o Señor; e o Señor é para o corpo. E Deus, que resucitou xa a
Cristo, tamén nos ha resucitar a nós polo seu poder.
Non sabedes que os
vosos corpos son membros de Cristo? E quen se xunta ao Señor, é un mesmo
espírito con El. Fuxide da impureza.
Calquera pecado que o
home poida cometer, cae fóra do corpo; pero quen comete impureza peca contra o
seu propio corpo.
Ou non sabedes que o
voso corpo é templo do Espírito Santo que está en vós, que o recibistes de Deus
e que polo tanto non sodes donos de vós?
Porque, en verdade,
compróusevos a bo prezo. Glorificade, polo tanto, a Deus co voso corpo.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Xn 1, 41. 17b
Se non se canta, pódese omitir
Aleluia, aleluia.
Encontramos o Mesías, que é Cristo,
por medio del déusenos a graza e a verdade.
Aleluia.
Evanxeo Xn 1, 35-42
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Viron onde paraba e quedaron con el
Naquel tempo, estaba
Xoán con dous dos seus discípulos e, vendo a Xesús que camiñaba, dixo:
‑ Velaquí o Año de
Deus.
Cando os dous
discípulos oíron o que el falara, fóronse detrás de Xesús. Volveuse Xesús e,
vendo que eles o seguían, preguntoulles:
‑ Que buscades?
Eles respondéronlle:
‑ "Rabbí"
(que quere dicir "Mestre"), onde paras?
El díxolles:
‑ Vide e veredes.
E eles foron e viron
onde paraba e quedaron con el aquel día. Era contra as catro da tarde.
Un dos dous que
escoitaron a Xoán e seguiron a Xesús era Andrés, o irmán de Simón Pedro. Vai e
atopa primeiro a Simón, o seu propio irmán, e dille:
‑ Encontramos o Mesías
(que quere dicir Cristo).
E levouno onda Xesús.
Ao velo, díxolle Xesús:
‑ Ti es Simón, o fillo
de Xoán. Ti haste chamar Cefas (que quere dicir Pedro).
Palabra
do Señor R/.
Loámoste, Cristo
DEUS FALA, PERO NÓS
NON O DAMOS ESCOITADO
TOMADO DE: http://remoldapalabra.blogspot.com.es/
PÓRTICO
Como lle ocorreu a Samuel, tamén nós somos
moitas veces incapaces de escoitar a voz de Deus. Unha voz que nos chega de moitas maneiras e xeitos; unha voz que non se pon afónica, ao contrario, segue permanentemente invitando, chamando, consolando ... a quen precisa dela. A mágoa é que nós, precisando e moito desa voz esperanzada e clara, non acabamos de prestarlle a atención debida. Mesmo ás veces manifestamos que El deixou de falarnos, porque non damos percibido a súa voz. Non será que, atarefados como andamos en cousas menos importantes, queremos xustificarnos, cargando sobre El unha ausencia, que só indica que non foi El, senón nós os que nos ternos apartado? Rompamos, logo, este círculo vicioso, e dispoñámonos a escoitar a súa voz. Hoxe pode ser ese día.
PERDÓN
Cando falas, Señor, dámosche as costas porque a túa voz nos
compromete e esixe, por iso
dicímosche: SEÑOR, QUE DEIXEMOS RESOAR A TÚA VOZ EN NÓS.
• Cando falas, Cristo, sempre nos invitas a escoitarte na capacidade que poñemos en estar preto dos irmáns que nos necesitan, por iso suplicámoste:
CRISTO, QUE DEIXEMOS RESOAR A TÚA VOZ EN NÓS.
• Cando falas, Señor, sempre nos chamas a poñer o noso corazón en canto nos fai medrar como persoas e nos descubre que a solidariedade só se pode expresar desde o amor, por iso pedímosche:
SEÑOR, QUE DEIXEMOS RESOAR A TÚA VOZ EN NÓS.
REMUÍÑO
Estamos a vivir nun momento da historia no que sobran
palabras e faltan silencios. Sobran palabras porque todo o mundo coida que ten algo que dicir, e para
tal fin utiliza algún dos moitos medios ao seu alcance. Así, non é de estrañar que, dun ou doutro xeito, teñamos un ha saturación de palabras, o que trae
como consecuencia que non deixamos tempo para o silencio, a reflexión, o pensamento pausado que vai madurando no tempo e co tempo. Algo así lle pasaba tamén a Samuel.
Entre tantas palabras non era capaz de distinguir a voz de Deus, por iso confundíaa con outras. Resultáballe descoñecida. Pero Deus, que non se rende facilmente, insiste unha e outra vez para que He fagamos oco na nosa vida, para que lle prestemos atención á súa palabra, para que o descubramos no decorrer dos acontecementos de cada día. Deste xeito, aínda que tarde (cousa que a Deus, que ten unha perspectiva diferente á nosa, non He importa), Samuel acaba escoitando e recoñecendo a súa voz. E unha vez recoñecida, e sabendo a fondura que esa voz achega, ábrese confianza e deixase levar polo agarimo dunha palabra que ten a Deus como principio, acompañante e meta no camiño da vida. Por iso, cheo de confianza, responde: "fala, Señor, que o teu servo escoita". Tamén hoxe, a cada un e cada unha de nós, Deus nos vai falando, vai dirixindo a súa voz, vai espallando o eco da súa palabra; pero moitas veces, como lle ocorría a Samuel, non somos capaces de distinguila, de escoitala, de recoñecela, porque a nosa atención está noutras palabras. Porén, El non cansa, como non cansou con Samuel, e segue a chamarnos, a facernos oír a súa voz. Oxalá nos esforcemos por recoñecela no medio do balbordo dun mundo cheo de voces, si; pero escaso de palabras que entusiasmen, enchan, alenten e aleden.
A
nosa resposta
en positivo, libre e esperanzada abriranos á confianza da nosa relación con Deus. O "aquí estou, Señor" de cada un e cada unha de nós ha ser a esixencia de converter a nosa vida non na rutina do sucederse dos días, senón no esforzo por facer presente as actitudes que emanan desa palabra que chega a nós a través da voz do compromiso ético, da responsabilidade á hora de facer cousas a favor dos demais, da superación da tentación do individualismo e do derrotismo que afirman que o importante é un e que non se pode facer nada máis que pensar nun e no dun. O aquí estou de cada un e cada unha de nós pasa pola vida, polo que facemos, polo modo de facelo, pola dispoñibilidade cara aos demais, pola actitude positiva a pesar dos nubeiros e dificultades que seguimos atopando cada día. Porque, se non fose así, como nos poderiamos confesar crentes e afirmar a importancia e interioridade da fe na nosa vida? Ter fe non é crer no que non vemos, senón actuar desde Aquel en quen que cremos.
Entenderon moi ben isto os seu discípulos, e Xoán hoxe cóntanolo no Evanxeo. E entendérono porque descubriron canto lles achega e canto os enchía estar ao seu lado, por iso quedaron con El. Tamén nós podemos quedar con El, ou mellor, deixar que El quede connosco.
Pero non vai depender tanto do que El faga -esta é a nosa percepción equivocada-, senón do que nós fagamos para que El quede. Unha vez máis, no respecto á nosa liberdade, de nós depende
acollelo e deixar que nos acompañe no camiño que imos facendo. Pero para iso, antes é necesario
atoparse con El. Faremos o esforzo de buscalo?
ORACIÓN DA COMUNIDADE
Acheguémonos á mesa do altar e poñamos enriba dela as nosas ledicias e tamén as nosas
dificultades, para que o Señor nos acompañe e alente neste nasa percorrido pola vida. Digamos
dificultades, para que o Señor nos acompañe e alente neste nasa percorrido pola vida. Digamos
xuntos: FALA, SEÑOR, QUE TE ESCOITAMOS
Pola Igrexa, por cada un e cada unha de nós, para que descubramos que quen non é capaz de
liberarse de todo apego, de toda comodidade, de todo prexuízo, de toda riqueza, de toda vontade de
dominio, está afogando a voz de Deus na súa vida, OREMOS.
liberarse de todo apego, de toda comodidade, de todo prexuízo, de toda riqueza, de toda vontade de
dominio, está afogando a voz de Deus na súa vida, OREMOS.
FALA, SEÑOR, QUE TE ESCOITAMOS
Nas dificultades que xera unha sociedade que se empeña en crecer esquecendo as persoas e
primando o materialismo dos resultados, queremos, Señor, ser un ha Igrexa solidaria, fraterna e
sinxela. OREMOS.
primando o materialismo dos resultados, queremos, Señor, ser un ha Igrexa solidaria, fraterna e
sinxela. OREMOS.
FALA, SEÑOR, QUE TE ESCOITAMOS
No desacougo que nos produce unha empresa que pecha, un ha familia onde todos están no
paro, moitas persoas ás que non se lles abren as portas, que saibamos ser, Señor, parroquia unida,
solidaria e acolledora, OREMOS.
paro, moitas persoas ás que non se lles abren as portas, que saibamos ser, Señor, parroquia unida,
solidaria e acolledora, OREMOS.
FALA, SEÑOR, QUE TE ESCOITAMOS
No día que a Igrexa dedica ás Migracións, pedimos por todas as persoas que veñen doutros
países, continentes e culturas, para que esteamos sempre dispostos a abrirlles as nosas portas e saír
ao seu encontro, OREMOS.
países, continentes e culturas, para que esteamos sempre dispostos a abrirlles as nosas portas e saír
ao seu encontro, OREMOS.
FALA, SEÑOR, QUE TE ESCOITAMOS
Por todos e todas nós, para que no. nasa vida busquemos tempiños de oración e interiorización dunha Palabra que nos chama a dar testemuño esperanzado, sen medo nin vergoña, dunha fe comprometida, solidaria e profética, que non xustifique inxustizas, silencios cómplices, explotación ou discriminacións de calquera xeito, OREMOS.
FALA, SEÑOR, QUE TE ESCOITAMOS
Que o teu agarimo, Señor, nos acompañe no camiñar cotián, para que saibamos escoitarte a
través da contemplación do mundo que puxeches nas nosas manso P.x.N.S. Amén.
través da contemplación do mundo que puxeches nas nosas manso P.x.N.S. Amén.
PARA A REFLEXIÓN
Niso de buscar escusas
son, Señor, especialista.
son, Señor, especialista.
Diante da urxencia dunha resposta
atopo sempre argumentos
atopo sempre argumentos
para non dar golpe.
Pero Ti disme: vén e verás.
Asegúroche, Señor,
que miro, vexo e respondo
segundo a miña comenencia.
Moitos días vexo e non miro nada.
segundo a miña comenencia.
Moitos días vexo e non miro nada.
Estou durmido diante das persoas marxinadas
e feridas do noso mundo,
e feridas do noso mundo,
e creo que aquí non pasa nada.
Outros días vexo dobre
e atopo unha inxustiza a cada paso.
Penso que isto non ten arranxo
Penso que isto non ten arranxo
e digo: nada se pode facer.
Pero Ti disme: vén e verás.
E cando me poño mans á obra
son moitas as persoas que afirman
que iso non vai con nós,
son moitas as persoas que afirman
que iso non vai con nós,
que o noso é outra cousa,
que non debemos facer política
nin espertar a quen durme debaixo da figueira.
Pero Ti disme: vén e verás.
Pero Ti disme: vén e verás.
E eu, confiando en Ti,
agarro forte da túa man
agarro forte da túa man
e déixome arrolar pala túa voz
que, paseniñamente, como un murmurio,
me canta:
me canta:
Ven, ven e verás.
Entrada:
Lectura:
Escoita ti
Ofertorio:
Sede o sal
Comuñón:
POWER POINTS
Comentarios
Publicar un comentario