Coresma 3A. Oxalá escoitedes hoxe a voz do Señor! Non endurezades os vosos corazóns . Salmo 94

Domingo 3 de Coresma - ciclo A



SEDE INFINITA
Como poderiamos silenciar o noso canto de louvanza,
Señor, Deus de misericordia, cando ouvimos de beizos de Xesús
a revelación sublime do teu nome, que é don, amor e vida?
Cristo dános a auga viva que calma a nosa sede para sempre 
e se converte dentro de nós en fonte de vida eterna.
Grazas, Pai, porque o río do teu amor non coñece-la estiaxe!
Pero a nosa sede é infinita. Unha sede de vida en plenitude,
de felicidade profunda que non defraude, de liberación total,
de pan e agarimo, de verdade e dignidade, de amor e esperanza,
de fraternidade e xustiza, de solidariedade e dereitos humáns.
Onde senón en ti, Señor, atoparemos auga para tanta sede?

Tomado de B. Caballero
A Palabra cada Domingo

Comentarios

Publicacións populares