Domingo 3 de Ordinario - ciclo A
3ª DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO A -
LECTURAS
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS
O pobo viu unha gran luz na Galilea dos xentís
Así como nun primeiro
momento o Señor humillou o país de Zebulón e o país de Naftalí,
así no derradeiro glorificará o camiño do mar, a rexión do Xordán, a
bisbarra dos xentís.
O pobo, que camiñaba
na escuridade, viu unha gran luz.
Unha luz brillou sobre os que habitaban no país das sombras da Morte.
Multiplicaches o xúbilo, fixeches grande a ledicia.
Alegráronse coa túa presenza,
como coa alegría da seitura,
o mesmo que saltarán de xúbilo ao repartiren o botín.
Velaí o xugo da súa
carga e o varal do seu ombreiro
- o bastón de quen o oprime ‑: rompíchelos
coma o día de Madián.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 26, 1 .
4. 13-14
R/. (1a): O Señor é a miña luz e salvación.
O Señor é a miña luz e salvación,
a quen hei de temer?
O Señor é a protección da miña vida,
diante de quen hei tremer?
Unha cousa lle pido ao Señor,
unha soa eu procuro:
habitar na casa do Señor
todos os días da miña vida,
para gozar da dozura do Señor,
e contemplar o seu templo.
Eu espero gozar da bondade do Señor
na terra da vida.
Espera no Señor, procede coma un valente,
ten corazón forte, espera no Señor.
Segunda Lectura 1 Cor 1,
10-13. 17
LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS CORINTIOS
Que vos poñades todos de acordo e que non haxa divisións entre vós
Irmáns:
Polo nome do noso
Señor Xesús Cristo rógovos que vos poñades todos de acordo e que non haxa
divisións entre vós; ao contrario, axeitádevos todos nun mesmo espírito e nun
mesmo pensamento.
Porque, irmáns,
cheguei a saber polos de Cloe que hai discordias entre vós. Refírome a que cada
un de vós anda a dicir: "eu son de Paulo, eu de Apolo, eu de Cefas, eu de
Cristo".
Pero é que Cristo está
dividido? É que foi Paulo a quen crucificaron por vós? Ou é Paulo o nome no que
vos bautizaron?
A min non me mandou
Cristo a bautizar, senón a predicar o Evanxeo; e isto sen habilidades
retóricas, para que non quede desvirtuada a eficacia da cruz de Cristo.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Cf. Mt 4, 23
Se non se canta, pódese omitir
Aleluia, aleluia.
Xesús predicaba o Evanxeo do Reino
e curaba todas as enfermidades do pobo.
Aleluia.
Evanxeo Mt 4, 12-23 (longo)
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Veuse a Cafarnaúm para que se cumprise o que dixera Isaías
Cando soubo Xesús que
encadearan a Xoán, retirouse a Galilea. Deixando Nazaret, foise establecer en
Cafarnaúm, na beira do mar, en terras de Zebulón e Naftalí, para que se
cumprise o dito polo profeta Isaías:
Terra de Zebulón,
terra de Naftalí,
camiño do mar na outra ribeira do Xordán.
Galilea dos pagáns.
O pobo que xacía na escuridade
viu unha gran luz:
Para os que habitaban no escuro país da morte
brillou unha alborada.
E desde aquela empezou
Xesús a predicar, dicindo:
‑ Arrepentídevos, que
o Reino dos Ceos xa está aí.
Camiñando Xesús pola
ribeira do mar de Galilea, viu a dous irmáns: Simón, tamén chamado Pedro, e
seu irmán Andrés, que estaban largando a rede no mar, pois eran pescadores.
Díxolles:
‑ Vinde comigo e
fareivos pescadores de homes.
Eles deixaron de
contado as redes, e seguírono.
Máis adiante, atopou
outros dous irmáns: Santiago e mais Xoán, fillos de Zebedeo, que estaban co seu
pai na barca arranxando as súas redes, e tamén os chamou.
Eles coa mesma
deixaron a barca e mais a seu pai e seguírono.
Xesús percorría a
Galilea enteira ensinando nas sinagogas e anunciando a Boa Nova do Reino,
curando canta doenza padecía o pobo.
Palabra
do Señor R/.
Loámoste, Cristo
Ou máis breve: 12-17
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Cando soubo Xesús que
encadearan a Xoán, retirouse a Galilea. Deixando Nazaret, foise establecer en
Cafarnaúm, na beira do mar, en terras de Zebulón e Naftalí, para que se
cumprise o dito polo profeta Isaías:
camiño do mar na outra ribeira do Xordán.
Galilea dos pagáns.
O pobo que xacía na escuridade
viu unha gran luz:
Para os que habitaban no escuro país da morte
brillou unha alborada.
E desde aquela empezou
Xesús a predicar, dicindo:
‑ Arrepentídevos, que
o Reino dos Ceos xa está aí.
Palabra
do Señor R/.
Loámoste, Cristo
PORQUE
O REINO XA ESTÁ AQUÍ.. .. CELEBRÉMOLO UNIDOS
TOMADO DE : http://remoldapalabra.blogspot.com.es/2014/01/2-domingo-to.html
TOMADO DE : http://remoldapalabra.blogspot.com.es/2014/01/2-domingo-to.html
PÓRTICO
O noso mundo está cheo de modelos,
de persoas ás que admiramos polas súas calidades, polo seu xeito de ser, de
actuar ou de afrontar a vida. Futbolistas, políticos, actores, cantantes ... e
, en menor escala escritores, poetas, músicos... Porque todos necesitamos
ref1ectimos nalgunha persoa, especialmente para proxectar o que nos falta a
nós. O problema quizá sexa cando non temo s referentes, cando non existen esas
persoas ou son mediocres.
Hoxe a celebración fálanos que os
cristiáns non necesitamos buscar moito para a topar un modelo a quen seguir:
Xesús, que non falla nunca e é luz na nosa vida. A que esperamos para dicirlle
que si?
O PERDÓN
Porque moitas veces fáltannos
iniciativa, ilusión e imaxinación á hora de botar as redes, caendo na
imposición e na vulgaridade, SEÑOR,
PERDOA O NOSO EGOÍSMO.
Porque moitas veces o noso
individualismo, a nos autosuficiencia e o noso afán de protagonismo fan que se
rompa a unidade nas nosas familias, nas nosas comunidades, cos nosos veciños. CRISTO, PERDOA O NOSO EGOÍSMO
Porque
moitas veces non somos quen de recoñecer
os nosos erros e si estamos dispostos a
acusar a quen temo
s ao noso carón, SEÑOR, PERDOA O NOSO EGOÍSMO.
REMUÍÑO
• VIMOS UNHA GRAN LUZ: Nos tempos
que corren, son moitas as persoas que teñen unha actitude negativa e
desconfiada diante do futuro e da humanidade. Cansos de que a economía non vaia
arriba, cansos de que a Igrexa non acabe de ser esa voz profética que acolle e
dea resposta a tantos retos que hoxe nos formula a sociedade, canso s, moitas
veces de traballar, de vivir, de loitar. Se cadra teriámonos que preguntar en
quen puxemos a confianza?, quen nos valía para seguir adiante? Era tanto o que
tiñamos que deixar atrás para que seguir o camiño que nos marcou Xesús? Para que
ser austeros se o tiñamos todo?, para que vivir a pobreza se iso non ía
connosco?, para que colaborar cos demais se o que vale é o "sálvese quen
poida"? Diante deste panorama, o final víase viro Fallou a base, fallaron
as persoas e todos entramos nun túnel negro e sen luz que é o noso futuro. Pero
hoxe esta celebración quere poñer luz, alegría e liberación. Como Isaías, tamén
nós podemos dicir que o xugo do opresor, o materialismo, está quebrado e a vara
do oportunismo, do desbarate e do egoísmo, tamén rachou. Temos un novo
horizonte por diante, unha nova xeira de colaboración, unha nova luz alumeou e
segue chamándonos ao final deste túnel. Unha luz que vén de nacer hai uns días
e que é alegría para todos nós.
• E POR ISO SOMOS PESCADORES DE
HOMES: SÓ desde unha actitude de coherencia e compromiso fondo con aquel no que
cremo s, só se realmente a fe pinta algo na nosa vida, seremos quen de facer
que os demais se cuestionen pola relixión, se cuestionen por Deus. Ás veces a
Igrexa converteu a expresión e a chamada que escoitamos hoxe no evanxeo a
sermos "pescadores de homes", en sinónimo de imposición, facendo
valer aquilo de que o importante é contar con moito número. Sen embargo, o
camiño nunca pode ser o da obediencia cega, nin o do medo ou a obriga, porque
ademais de ser vieiros contrarios á mensaxe de Xesús, son tamén armas que se
volven na súa contra co paso do tempo. O camiño pasa logo pola invitación, non
pola imposición; polo cuestionamento e pola fondura das nosas conviccións e non
pola obediencia cega, o adoutrinamento ou o cumprimento de normas sen sentido.
• NA UNIDADE, QUE NON É
UNIFORMIDADE: Nesta semana tamén pedimos pola unidade. Unidade de todos os
cristiáns, pero tamén unidade dentro da nosa Igrexa e mesmo dentro das nosas
comunidades parroquiais.
Unidade que non podemos confundir con uniformidade, pois somos conscientes da
existencia de diferentes xeitos de pensar, de actuar, de distintas
posibilidades .... e de que isto é algo que nos enriquece. Porén, moitas veces
atopámonos con que a nosa intolerancia e a nosa autosuficiencia impiden que
call1iñemos na unidade evanxélica. Parapetámonos na nosa verdade e non estamos
dispostos a escoitar e moito menos a aceptar aos que non pensan ou non actúan
coma nós. En definitiva, todos queremos ser "líderes da manada", sen
caermos na conta de que a mensaxe de Xesús non separa entre dominantes e
dominados, senón que integra, acolle e ábrese a todas as opcións que respecten
a dignidade da persoa. Hoxe é un bo día para mirar dentro da nosa vida, da nosa
parroquia, da nosa Igrexa e botar fóra todo aquilo que supoña división,
enfrontamento ou ruptura.
ORACIÓN
DA COMUNIDADE
Señor, Ti queres que sexamos a túa
luz no medio das persoas. Conscientes de que para iso necesitamos da túa axuda,
dicímosche confiados:
QUE NUNCA ESMOREZA A TÚA
LUZ NAS NOSAS VIDAS
• Pola Igrexa, para que non caia na
tentación dos personalismos e dos bandos e camiñe unida
baixo o único
Mestre que é Cristo, dando exemplo de unidade e de servizo desinteresado, OREMOS QUE NUNCA ESMOREZA A TÚA LUZ NAS NOSAS VIDAS
• Polas nosas
comunidades parroquiais, para que, polos camiños evanxélicos do diálogo e do
perdón, da tolerancia e da colaboración, da variedade e do compartir, sexamos
quen de superar prexuízos e atranco s e cheguemos á verdadeira comuñón, OREMOS.
QUE NUNCA ESMOREZA A TÚA
LUZ NAS NOSAS VIDAS
• Por todos nós, para que teñamos
sempre na nosa vida unha actitude de conversión continua, sendo quen de
recoñecer os propios erros, refacer call1iños e endereitar posturas para acadar
unha mesma meta: a construción do reino de Deus, OREMOS.
QUE NUNCA ESMOREZA A TÚA
LUZ NAS NOSAS VIDAS
Grazas, Señor, porque día a día es
luz no noso camiño. Que sempre busquemos esa luz e así lla mostremos aos
demais. PXNS. Amén
PARA
A REFLEXIÓN
Polos vieiros do
mundo,
ti pasaches dicindo
a verdade.
Polos vieiros da
terra,
Ti fuches romeiro e
mensaxeiro do Pai.
Polos camiños da
historia,
Ti estiveches
atento aos sinais dos tempos.
Polos camiños dos
pobres,
Ti fixeches a
vontade do Pai.
Polos vieiros de
Deus,
Ti fuches ao
encontro de todas as persoas,
fillas e
marxinadas.
Polos camiños da
periferia,
Ti anunciaches a
Boa Nova.
Polos vieiros dos
irmáns e das irmás,
Ti fixeches o
camiño cara ao Pai.
Polos camiños da
vida,
Ti mesmo fixeches o
teu propio camiño.
Polos teus vieiros,
lévanos Señor.
ENTRADA:
Que ledicia a miña
OFERTORIO:
Ti es camiño é verdade
LECTURAS:
Sede o sal sede a luz
COMUÑÓN:
Ide e pregoade
POWER POINTS:
Comentarios
Publicar un comentario