Oxalá escoitedes hoxe a voz do Señor! Non endurezades os vosos corazóns. - Salmo 94
Domingo 27 de Ordinario - ciclo C
SOLIDARIEDADE
Manter sempre
atentos os oídos
ao grito de dor
dos demais
e escoitar a
súa chamada
de socorro é
solidariedade.
Sentir como
algo propio o sufrimento
do
irmán de aquí e de acolá,
facer propia a
anguria dos pobres
é
solidariedade.
Converterse un
mesmo nun mensaxeiro
do
abrazo sincero e fraternal
que uns pobos
envían a outros pobos
é
solidariedade.
Deixarse
transportar por unha mensaxe
cargada de esperanza,
amor e paz,
ata apertar a
man do irmán
é
solidariedade.
Comentarios
Publicar un comentario