Os Evanxeos e os evanxelistas

Como setembro é o mes da Biblia (inda que xa pasou, a maioría acabamos de comezar a catequese), penso que o mellor é comezar cos nenos polo que mellor coñecen, a vida de Xesús, e algo sobre os que nos transmitiron as lembranzas e vivenzas de Xesús e os seus primeiros apóstolos, os evanxelistas:



No primeiro século, os cristiáns viron a necesidade de ter a súa propia literatura escrita, onde se preservasen de maneira máis fiel e permanente as tradicións recibidas en forma oral. O ano exacto en que se redactou cada un dos evanxeos é difícil de precisar. Foi probablemente no século II cando nas copias dos evanxeos fíxose común porlles os títulos cos nomes dos evanxelistas. Os autores cristiáns desa época mostran que foi entón cando se difundiu a tradición acerca dos nomes dos autores. Os evanxeos, como toda obra literaria, tiveron indubidablemente os seus autores, con todo, pertencen a un tipo de literatura na que, máis que a actividade creadora e orixinal dun autor, conta a utilización de tradicións conservadas nunha ou varias comunidades.

Evanxeo segundo san Mateo: Atribúese a Mateo, o apóstolo de Xesús que fora recadador de impostos. Ese evanxeo, en moitas das súas expresións e temas preferidos, mostra unha especial proximidade ao pensamento hebreo. Tanto o autor como os seus primeiros lectores foron, sen dúbida, persoas familiarizadas co Antigo Testamento e con moitas das tradicións xudías.

Evanxeo segundo san Marcos: É o máis antigo. A este autor identifícallo co personaxe do mesmo nome que se menciona en Ftos 12, 12 e que aparece mencionado nas cartas de Paulo. A tradición di que este evanxeo foi escrito en roma, despois da morte de Pedro e Paulo, e que os lectores a quen se destinou en primeiro lugar este evanxeo eran cristiáns non xudeus, posiblemente romanos.

Evanxeo segundo san Lucas: Forma unha unidade literaria e teolóxica co libro dos Feitos dos Apóstolos, por iso afírmase que o autor é o mesmo. Sen dúbida o autor deste evanxeo era de lingua grega, e o evanxeo parece estar destinado sobre todo a lectores cristiáns de orixe non xudía. Atribúello a Lucas, compañeiro de san Paulo, ao que se lle chama “o médico amado”.

Evanxeo segundo san Xoán: Este evanxeo menciona en varios lugares a un discípulo a quen Xesús quería moito, pero en ningures di o seu nome. Desde o século II este discípulo foi identificado co apóstolo Xoán, fillo de Zebedeo, ao que se lle atribúe a autoría deste evanxeo.
É opinión xeralmente aceptada que o evanxeo de Xoán foi redactado despois dos outros tres evanxeos, a fins do século I. Pode pensarse que este evanxeo representa o resultado dunha longa reflexión e transmisión da mensaxe de salvación en comunidades que tiveron que soster duros enfrontamentos con grupos xudeus.



Os animais que representan ao catro evanxelistas teñen a súa orixe en distintos textos bíblicos como Ezequiel e a Apocalipse, pero tamén na interpretación que deles fixeron os pais da Igrexa.

Mateo está representado polo home por iniciar o seu Evanxeo coa xeneaología de Cristo.
Marcos está representado co león porque comeza o seu Evanxeo mencionando a San Xoán Bautista como a voz que clama ou roxe no deserto.
Lucas está representado co touro porque inicia o seu Evanxeo co servizo de Zacarías no templo, e o touro é un animal de sacrificio.
Xoán está representado pola aguia por ser un Evanxeo que mostra unha teoloxía superior ás demais.



DEBUXOS E TEXTO ADAPTADOS DE :

Comentarios

Publicacións populares