Cando te chamo, Señor, respóndesme - Salmo 137

Domingo 17 de Ordinario - ciclo C


ONDA TI

-Onda Ti, noso Pai á tardiña,
onda Ti que nos levas da man
axuntámos para agradecerche
a ledicia do día que cae.

-Como van co pastor as ovellas
á tardiña durmir ó redil
cando a noite cae sobor do mundo
nas túas mans nos deixámonos ir.

-Como van coa galiña os pitiños
cando á tarde se vai indo o sol
á calor das túas alas quentiñas
na túa paz nos acollas, Señor.

-As estrelas e a lúa benzoan
o teu nome en silencio e en paz
e as tebras da noite pregoan
moi quediño o fogar de mañá.

-O universo adormece rendido
nos teus brazos que o gardan do mal
na túa paz nos durmimos tranquilos.
Boas noites, Pai, deica mañán.




 (Unidos á oración e a dor das familias e amigos
dos feridos e finados o pasado mércores)

Comentarios

Publicacións populares