Aclama a Deus, terra enteira. - Salmo 65

Domingo 14 de Ordinario - ciclo C


PREGADE AO DONO DA SEARA

Que alegría ver cuberta a nosa terra
de xornaleiros do pan e máis da vida;
xente viva, apaixonada, xente leda,
que levante a esperanza esmorecida!

Ai, se houbese deles centos e milleiros,
que enchesen vilas, aldeas e cidades,
años sinxelos, ousados, cantareiros,
espidos de poder, doentes de verdade!

Quen será entre nós tan libre, tan valente,
que, sen pararse con nada no camiño,
portiña a porta vaia chamando á xente
para a festa da paz, no nome do Deus vivo.

Sería entón Galicia cousa distinta,
os corazóns florecían cal roseiras,
a paz sería en nós palabra viva
e a xustiza enchería as nosas leiras.

Xa que non valen os soños sen espertas,
xa que Deus é o dono dos seus froitos,
pidámoslle obreiros para a tarefa,
e ofrezamos sen receo os nosos lombos.



Comentarios

Publicacións populares