Quen, Señor, se hospedará na túa tenda? - Salmo 14
Domingo 22 de ordinario - ciclo B
REFLEXIÓN DE ACCIÓN DE GRAZAS
Polo teu amor tan fiel, por todo o ben
que nos fas;
Pola vida que nos dás para que a
poidamos coidar;
Polo mundo que nos deches, por todo o
ben que nel hai.
Graciñas Deus da vida, graciñas
Deus de amor.
Polo sol que cada día é fiel para nos
alumar;
Pola auga que refresca e limpa sen nos
mancar;
Por todo o noso corpiño, que é a túa
casa principal.
Graciñas Deus de vida, graciñas
Deus de amor.
Polos que están namorados e saben
darse ós demais;
Polos amigos e amigas que alento e amor
nos dan;
Polos que pasan traballos e saben con
fe esperar.
Graciñas Deus de vida, graciñas
Deus de amor.
Polos que curan violencias, polos que
sementan paz;
Polos que sofren ofensas e souberon
perdoar;
Polos que quitan abusos, polos que
curan o mal.
Graciñas Deus de vida, graciñas
Deus de amor.
Por toda a inmensa beleza da creación
de Deus Pai,
Por Xesucristo bendito, mestre,
salvador e irmán;
E polo Espírito Santo, que vén en nós
habitar.
Graciñas Deus de vida, graciñas
Deus de amor.
(da Liturxia das Horas )
Comentarios
Publicar un comentario