Domingo 23 de Ordinario-ciclo B
23º
DOMINGO DO TEMPO ORDINARIOA CICLO B
Primeira
Lectura Is 35, 4-7a
LECTURA
DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS
Abriranse
os oídos dos xordos, cantará xubilosa a lingua dos mudos
Dicídelles aos de corazón tímido:
"Collede
ánimo, non temades.
Velaí
o voso Deus.
Chega a vinganza, a recompensa de
Deus.
Chega
El mesmo, e salvaravos".
Entón abriranse os ollos dos cegos,
e
os oídos dos xordos destaparanse.
Entón o coxo saltará coma un corzo
e
a lingua do mudo cantará xubilosa.
Si, saen á luz augas no deserto e
ríos na estepa:
a
terra reseca convértese nunha lagoa,
e
a terra sedenta en mananciais de auga.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 145, 7. 8-9a. 9bc-10
R/. (1): Loa,
miña alma, ó Señor.
Ou: Aleluia.
El
garda por sempre a súa fidelidade:
failles
xustiza aos oprimidos
e
dálles pan aos famentos.
O
Señor libra os cativos,
o
Señor abre os ollos dos cegos,
o
Señor endereita os dobrados,
o
Señor ama os xustos.
O
Señor protexe os forasteiros.
O
Señor sostén os orfos e as viúvas,
extravía
os camiños dos malvados.
O
Señor reina eternamente,
o
teu Deus, Sión, por xeracións e xeracións.
Aleluia.
Segunda
Lectura Sant 2, 1-5
LECTURA
DA CARTA DO APÓSTOLO SANTIAGO
Non
é que Deus elixiu os pobres como herdeiros do reino?
Meus irmáns, a fe que temos no noso
Señor Xesús Cristo, o glorioso, non cadra ben con certos distingos entre
persoas. Entra na vosa asemblea ‑ é un supoñer ‑ un home cun anel de ouro,
vestido con moita galanura, e entra tamén un pobre vestido con farrapos; se vos
fixades no que vai ben vestido, e lle dicides: "ti acomódate ben
aquí", e ao pobre "ti queda de pé aí", ou "senta no chan
aos meus pés", non estades facendo distincións entre vós mesmos,
converténdovos en xuíces de criterios inicuos?
Escoitádeme ben, meus irmáns
queridiños: seica non escolleu Deus os pobres deste mundo para seren ricos na
fe e herdeiros do Reino que Deus prometeu aos que o aman?
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Cf. Mt 4, 23
Se
non se canta, pódese omitir.
Aleluia,
aleluia.
Xesús
predicaba o Evanxeo do Reino,
e
curaba todas as enfermidades do pobo.
Aleluia.
Evanxeo Mc 7, 31-37
LECTURA
DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Fixo
oír aos xordos e falar aos mudos
Naquel tempo, Xesús, deixando Tiro,
veu dar por Sidón ao mar de Galilea, atravesando a Decápole. Presentáronlle un
xordomudo, e suplicáronlle que lle impuxese as mans. Xesús, separándoo da
xente, meteulle os dedos nas orellas e tocoulle a lingua con cuspe. Logo,
erguendo os ollos ao ceo, suspirou e dixo:
‑ Effatá (ou sexa:
"ábrete").
E no instante abríronselle os oídos,
e falaba perfectamente. Logo prohibiulles contalo a ninguén; pero canto máis
llelo prohibía, máis o espallaban. E a xente, totalmente abraiada, comentaba:
‑ Que ben o fai todo! Fai que os
xordos oian e que os mudos falen.
Palabra do Señor R/.
Loámoste, Cristo
ROMPER COA ANTROPOLOXÍA DO ENFRONTAMENTO PARA CAMIÑAR NA
ANTROPOLOXÍA DA IGUALDADE SOLIDARIA
TOMADO DE: remoldapalabra.blogspot.com
TOMADO DE: remoldapalabra.blogspot.com
PÓRTICO
A carta de Santiago
lémbranos algo que desde hai dous mil anos ven sendo o motor e a razón da
presenza dos cristiáns no medio do mundo: a fe ten que facerse visible en
actitudes e comportamentos. pois só desde o amor, sincero e solidario, podemos
mostrar a razón que nos leva a que, en tempos de increnza e desapego do
relixioso, sigamos entregados á causa de Xesús. A curación que atopamos en Deus
non é a dun ser milagreiro e ritualista, senón a dun Deus persoal, con rostro e
nome, que se nos vai presentando no medio do mundo sen caer na tentación de
pechalo dentro dos templos ou de prácticas afastadas do que ocorre ao noso
redor. Deus cura porque dá sentido, forza, alento e esperanza á vida de cantos
fomos creados a súa imaxe e semellanza.
Participemos de maneira activa
e gozosa da celebración que agora comeza, e que só poderá ser vida se cantos
nela estamos rompemos co ritualismo e nos abrimos a compartir ledicias e
dificultades para poñelas na man de Deus e na comuñón fraterna cos irmáns.
O PERDÓN
● Da tentación de crérmonos en
posesión da verdade absoluta, que nos impide escoitar a quen pensan distinto, LÍBRANOS,
SEÑOR.
● Da utilización dos irmáns e
irmás para o noso propio proveito, facendo distingos entre as persoas segundo
nos sexan ou non de utilidade, LÍBRANOS, CRISTO.
● Da insensibilidade de termos
un corazón de pedra, que non se compadeza da dor e do sufrimento dos demais, LÍBRANOS,
SEÑOR.
REMUÍÑO
● Como raiola de esperanza,
tamén hoxe as palabras do profeta Isaías queren converterse en imaxe activa,
creadora e gozosa dun Deus que, de xeitos múltiples e en todo momento, nos vai
dando mostras da súa presenza e da súa preocupación por nós. A través dos
sentidos, que nos fan tomar conciencia da realidade da que formamos parte e da
necesidade que temos, no medio desa realidade, de non illarnos dos problemas e
dificultades que día a día van xurdindo. Dificultades e problemas das que todos
somos conscientes na mais abrir os ollos cada mañá e descubrir, que cada vez
son máis as persoas, non números nin estatísticas anónimas, que van quedando
nas beiras dunha sociedade que se pensou que non tiña nin límites nin fin, e
que nos vai mostrando con toda a súa crueza o equivocados que estabamos. Nesta
situación, as palabras do profeta lévannos a que nos esforcemos por sacar a
máscara que ás veces pomos nos ollos e nos impide ver e oír o grito desesperado
de tanta xente á que ata hai ben pouco nada lle faltaba, e ás que agora tódalas
defensas se veñen abaixo e necesitan non voces de condena e superioridade que
lles lembren os seus erros, senón mans abertas e corazóns dispostos a facer
camiño xuntos para, asentados na forza da solidariedade, dar pasos que afasten
do abismo da pobreza e exclusión social.
● Santiago volve insistir no
mesmo cando escribe que os preferidos de Deus, porque os outros xa se valen por
si mesmos, son os pobres e necesitados. e advírtenos contra a doada e perigosa
tentación de facermos distincións. Que ben lle viría á nosa Igrexa poñer en
práctica esta sinxela recomendación da súa carta: “non xuntedes a fe no noso
Señor Xesucristo coa acepción de persoas”. Cantas veces temos utilizado a
relixión e o nome de Deus en vano para xustificar o noso facer distingos entre
as persoas. Porque desgraciadamente a Igrexa institución segue, en moitas
ocasións, ligada ao poder e aos poderosos, tanto na súa xerarquía coma nos seus
membros leigos e relixiosos. Ou é que moitas veces non tratamos tamén nós dun
xeito diferente a quen ten máis cartos, máis poder, máis estudios.... que ao
resto dos nosos veciños?. E aínda máis, non nos cremos inferiores a eles?.
Porén, non é este o xeito de actuar de Xesús, que foi perseguido, calumniado e
crucificado por non unirse aos intereses dos poderosos , por denunciar a súa
dobre moralidade, por non render acatamento nin permitir que llo rendesen a El.
Ese é o camiño que nós, coma seguidores seus, queremos andar: o do servizo a
prol dos empobrecidos e marxinados da terra.
● Aprendamos logo a prolongar
a caridade, non na palabra e nos xestos aos que se lles da publicidade, senón
no servizo desinteresado e sempre entregado aos pobres e necesitados. E se ata
hai ben pouco todo parecía ir tan ben que non nos poñiamos límites e
construíamos unha vida sobre as areas movedizas do posuír e consumir; que
agora, poñendo sempre os pes no chan, non esquezamos que sen Deus a vida
convértese en sen sentido e fracaso. Que saibamos achegarnos a El con actitude
de escoita para ser, tamén nós, mediación a través da que os xordos e os mudos
do noso tempo; xordos e mudos de comunicación, sinxeleza, solidariedade,
humildade, entrega gratuíta... descubran que ter fe non nos afasta nin illa do
mundo, senón que nos compromete e achega para ser sementadores de Boa Nova en tempos
recios e cheos de dificultade.
ORACIÓN DA
COMUNIDADE
Alentados porque sabemos que
camiñas connosco, comprometémonos a abrir os nosos oídos e os nosos ollos á túa
Palabra, por iso dicimos xuntos:
QUE ABRAMOS O NOSO CORAZÓN Á TÚA PALABRA
● Para que a Igrexa non dea as
costas aos problemas do noso tempo e da nosa xente, OREMOS.
QUE ABRAMOS O NOSO CORAZÓN Á TÚA PALABRA
● Polas nosas comunidades,
para que traballemos sempre pola igualdade e a fraternidade, coma esixencia do
noso sermos fillos de Deus, sen facer distingos entre as persoas polo seu poder
económico, polo seu nivel cultural, polo seu papel na sociedade, OREMOS.
QUE ABRAMOS O NOSO CORAZÓN Á TÚA PALABRA
● Para que cada un/ha de nós,
nos esforcemos para que a nosa vida zumegue moita máis solidariedade e moita
menos crítica cara aos que o están a pasar mal neste momento tan difícil,
OREMOS.
QUE ABRAMOS O NOSO CORAZÓN Á TÚA PALABRA
Comparte, Señor, con nós as
preocupacións e aléntanos para superalas. P.X.N.S. Amén.
PARA A
REFLEXIÓN
Deus é a verdade que sempre nos sorprende.
Non, non é un conto,
é o mellor da vida.
Todo Nel é verdade, é vida.
Con Deus aprendemos a vivir todo,
desde a ledicia do sinxelo, de todo o fermoso.
Xesús fala en parábolas.
Explica a través das parábolas
o amor de Deus Pai.
Nunca ninguén dixo máis do amor dun Deus que se volve tolo
cando o fillo volve á casa esnaquizado e o aperta sempre.
Deus é amor que se revela
desde unha gran paixón por querer falar a linguaxe da xente.
(Aa.Vv., Centos de
contos. Parábolas para todos)
CANTOS
ENTRADA: Todos xuntos
LECTURAS: A túa Palabra
OFERTORIO: Na nosa terra
COMUÑÓN: Deixade esta terra
POWER POINTS
Comentarios
Publicar un comentario