Fai brillar sobre nós, Señor, a luz do teu rostro - Salmos 4

Domingo 3 de Pascua - ciclo B




ORACIÓN PARA SER BOA TESTEMUÑA

Aquí me tes, Xesús.
Acabo de escoitar a túa invitación,
e aquí me tes.
Invítasme a ser a túa testemuña,
e aquí me tes.

Darei fe da túa loita e da túa morte 
por defender a Deus coma Pai,
por defender á xente toda coma irmá.

Darei fe coa miña palabra, 
darei fe cos meus feitos,
darei fe comprometéndome cos máis débiles.

Aquí me tes, Xesús,
ben limitado nas miñas forzas,
pero disposto a traballar amparado nas túas.

Darei fe da túa resurrección, 
da túa vida, do teu alento,
da túa ilusión, da túa alegría.

Diante de tódolos meus irmáns,
no seo da comunidade,
nas tarefas de cada día,
na solidariedade cos máis abandonados.

Invítasme a ser a túa testemuña,
e aquí me tes. 

Comentarios

Publicacións populares