Oracional Galego en SpotifyEnlace orixinal Oracional iVoox

LECTURAS DO DÍA



LECTIO:

 Corpo e Sangue de Cristo

22 xuño 2025

            Dende a anterior festividade da Trindade do noso Deus sabemos que Eléun Deus que desde sempre quere comunicarse a todos e facer de nós, en comuñón con el, algo semellante ó que El mesmo é. Ao celebrarmos hoxe a festa do Corpo e do Sangue de Cristo, profundamos nesta súa marabillosa relación connosco. Pois aprendemos así a saber que temos a posibilidade de relacionármonos dunha maneira especial con Xesús e, a través del e nel, co Pai e co Espírito Santo. Esta é a inmensa mensaxe da festa de hoxedo Corpo e do Sangue de Cristo. Pois na Eucaristía entramos en contacto especialísimo con Deus. Esta relación con Deus ocorre liturxicamente de dúas maneiras fundamentais.            A primeira é cando lemos ou escoitamos comunitariamente a palabra de Deus. Ben sabemos o ben que nos fai cando alguén, coñecido ou descoñecido, nos dirixe amigabelmente a palabra. E tamén como nos doe cando alguén coñecido pasa ó noso lado sen dicirnos ren. Medramos e fortalecémonos internamente coa palabra e cos agarimos dos demais, mais achicámonos ou esmorecemos tamén cando nos desprezan ou non nos dirixen a palabra. O noso Deus, polo contrario, coa súa palabra fonda e amorosafálanos a cada quen de xeitos moi diversos. A través da propia conciencia, do bo exemplo dos demais. Mais de xeito especial a través da súa palabra nos Evanxeos.

            Neste senso, a palabra de Deus é para nós verdadeira comida. Porque nos dá azos.Porque nos ofrece un sentido para a nosa vida. E ben sabemos que para vivir, para querermos vivir, non é abondo co alimento material, por importante que este sexa. A primeira Lectura lémbranos isto cando, por boca de Moisés, se nos di que non deberiamos “vivir só de pan, senón de toda palabra que sae da boca do Señor”.

            A outra maneira de entrarmos en contacto con Deus nos nosos encontros comunitarios é a comuñón. Recibir o Cristo vivo nas nosas eucaristías. Cando somos conscientes de que non realizamos un rito baleiro. Pois cremos e sabemos que na comuñón do “corpo de Cristo” recibimos un incríbel impulso sobrenatural.

            É moi rechamante a repetida presenza da expresión “vida” no texto do evanxeo de Xoán desta festividade cando nel se nos describe Xesús falando do poder vivificador do comermos o seu corpo ou do bebermos o seu sangue. Aínda que, en realidade, non podía ser doutro xeito dende que sabemos que el se definiu a si mesmo en diversas ocasións como “Vida” ó dicir: “Eu son o camiño, a verdade e A VIDA”. Por iso, se el se entendeu a si mesmo como “Vida”, non pode ser nin actuar senón como tal cando os que participan na eucaristía se achegan a el para recibilo sacramentalmente. El exprésase, efectivamente,ben claramente no texto de Xoán deste xeito:  “Eu son o pan VIVO”.  “Se alguén come deste pan, VIVIRÁ para sempre”. “O pan que eu darei é...para a VIDA do mundo”. “Quen come a miña carne e bebe o meu sangue, ten VIDA ETERNA E EU RESUCITAREINO no derradeiro día”. No caso de non procedemos así, dirásenos que “non teremos VIDA  en nós mesmos”...

            Neste contexto podemos preguntarmos: É que hai alguén que non queira vivir? Vivir, ademais, de maneira plena, “ao tope”, como adoitamos dicir. Deus fíxonos, efectivamente,non só con  moitas, senón con infinitas ganas de vivir, xustamente porque El, oabsolutamente infinito, quere comunicarse a nós plenamente. E como El é VIDA eterna e infinita, fíxonostamén a nós con desexos infinitos.Por iso, a festa do Corpo e do Sangue de Cristo tería que ser para nós unha nova e especial ocasión de agradecermos a Deus pola súa xenerosidade infinita. Un Deus que se deixa comer por nós para así podermos participar da súa forza e da súa vida.

            Os nutricionistas e os medios de comunicación instrúennos moito hoxe en día sobre os alimentos que temos que comer ou deixar de comer para mantérmonos en forma e para alongar o máis posible a nosa vida ou - tal como se di- a nosa calidade de vida. Todo iso ben está, aínda que sabemos que por moito caso que lles fagamos a estasrecomendacións, o problema principal, o de vivirmos sempre,  non o resolven. Por iso, pola nosa parte, teriamos que proclamar e ofrecer tamén -para dicilo dalgunha maneira- a nosa propia dietética, que consiste, en definitiva, en anunciarmos e vivirmos o Cristo “Vida”, o Cristo dador de vida. Dunha vida que se estenderá por toda a eternidade.

            Unha forte crenza na vida que se debería amosar no noso interese polos vida de todos, de maneira especial daqueles cos que convivimos e precisan da nosa axuda. Por iso esta festividade non é só unha festa íntima ou devota, senón tamén e sobre todo social, aberta de par en par a todos. Para que así como Deus nos ofrece e nos dá a súa vida a cada un de nós, así deamos nós tamén algo polo menos da nosa, daquilo que somos ou temos, ós demais. Por iso esta festa de hoxe estáde feito tradicionalmente asociada ó Día da Caridade. Queiramos, pois, os demais como Deus nos quere a nós.

 

Manuel Cabada Castro



 VER TAMÉN:

https://www.gruposdejesus.com/santisimo-corpo-e-sangue-de-cristo-c-lucas-911b-17-2/


















Comentarios

Publicacións populares