CELEBRACIÓN + ORACION - DOMINGO + SEMANA 1 CORESMA B
https://xanostesaqui.blogspot.com/search/label/Coresma%20B?m=1
Primeiro domingo
Monición de entrada
Hoxe iniciamos
o tempo de Coresma. Deus nos ofrece a súa man,a
man firme de Pai, presente sempre con forza e agarimo, Fai Alianza co
seu pobo e o leva da man ata o seu Fillo, a Alianza Nova onde Home e Deus se
fan un.
Rito penitencial
Ti que coidas
de todas as túas criaturas. Señor, ten piedade de nós.
Ti que es o
camiño da creación. Cristo, ten piedade de nós.
Ti que nos
chamas a coidar a casa común. Señor, ten piedade de nós.
Ideas para a
homilía
· O pobo de Israel entendeu sempre a súa historia, e así o transmitiu na Biblia, como un camiño onde ían atopando a Deus.
· Esa capacidade para entender os acontecementos, pequenos e grandes, como momentos de encontro con Deus é o que eles chaman Alianza.
· Este é o fío que nos vai guiar en todos estes domingos de Coresma.
· A Alianza que hoxe nos presenta a é a que Deus fai con Noé e toda a creación. Símbolo: o arco da vella.
· Israel, como os pobos dese tempo dependía da natureza. Contrario a nós, non tiñan apenas capacidade de intervir nela ou modificala. Dependían sempre da vontade de Deus.
·
Cando
vían no ceo o arco da vella, lembraban que Deus, aínda nos peores tempos,
sempre estaba da súa parte.
·
Este
texto lembra que a humanidade formamos parte de toda a creación. Se o pecado
racha coa natureza (contaminación, cambio climático) Deus chama a saberse parte
dela.
·
Asumirnos
como criaturas de Deus, saber que o noso destino non vai ser distinto do que
corra o resto do planeta.
·
E
como di o Papa facernos responsables do coidado da casa común
Oración dos fieis
Como fillos e
coidadores da terra na que vivimos, oremos con confianza a Deus.
·
Polas
persoas que en tantos lugares do mundo consagran a súa vida á defensa da
natureza. Oremos:
·
Por
toda a xente que cada verán arriscan a súa vida por defendernos dos incendios
forestais. Oremos:
·
Polos
científicos, polas persoas que co seu estudio nos fan coñecer mellor o mundo no
que vivimos. Oremos:
·
Pola
nosa parroquia, polas necesidades de cada un e de todos. Oremos:
·
Pola
xente que pensa que o futuro do planeta non lle afecta nin lle vai afectar,
escravos dos seus medos e prexuízos. Oremos:
Acolle, Señor,
a nosa oración, que se une a de toda a creación. Por Cristo noso Señor.
Ángel Domínguez Cerdeira
(grazas por compartir connosco)
Comentarios
Publicar un comentario