SEMANA 1 DE ADVENTO

 



VEN! VEN! VEN!

Eu son o amigo que di: Ven.

Eu son a noiva que grita: Ven.

Eu son a nai que espera: Ven.

O mundo loita e evoluciona.

 

É a historia que está de parto,

que foi fecundada polo Espírito,

que prepara a chegada do fillo novo.

O Advento.

 

Os traballos do científico e do obreiro,

as loitas do guerrilleiro e do non-violento,

os desvelos dos pais e os líderes,

os sufrimentos dos enfermos marxinados c

antan a un tempo: Ven.

 

As ilusións dos nenos,

as esperanzas do novo,

o tedio dos anciáns,

o canto dos que triunfan

e o pranto dos caídos

non deixan de repetir: Ven.

 

Un Advento crecente,

fillo da esperanza e a paciencia,

pai da ilusión e do esforzo.

Unha fonte secreta e un murmurio repetido,

orquestrado polo Espírito:

Ven! Ven! Ven!



ADAPTADO DE:

LECTURAS DE ADVENTO:

Comentarios

Publicacións populares