ORACIÓN 2º DOMINGO DE ADVENTO
AQUÍ ESTOU
Aquí estou, Señor, camiñando neste Advento,
un Advento máis estremecido, asustado, aloulado e expectante,
percibindo como avivas no meu pobre corazón
as cinzas do desexo, como despois dun toque de nostalxia,
a memoria que se despereza e abre os seus ollos ao pasado
cegado polo agradecemento.
Aquí estou, Señor, camiñando neste Advento,
desempoando a miña esperanza,
consentindo neste esperar, sempre mesmo, sempre novo,
consentindo neste ter que esperar para vivir,
neste esperar como afirmación fundamental da miña vida,
neste esperar que traduce a profunda e secreta necesidade
de tender cara ao que se me presente como inalcanzable
e, por iso, inesperable coas miñas propias forzas.
Aquí estou, Señor, camiñando neste Advento,
unha vez máis enfrontado ao paradoxo de esperar o inesperable,
de ter que exercer esta esperanza para existir,
de facerme consciente de que ser é esperar.
Aquí estou, Señor, coa mirada do corazón cravada neste Advento,
co anhelo aceso, co desexo ardendo,
loitando contra os meus medos e esperanzas
para que o lume da esperanza se abra e ilumine o primeiro paso.
Aquí estou, Señor, tentando limpar a néboa dos meus ollos,
rogándoche que enxugues Ti as miñas bágoas
e que a túa luz alce a miña cabeza e oriente a miña mirada
cara ao lugar da promesa.
Aquí estou, Señor, agardando o que non vexo,
o que non sempre quero, o que descoñezo,
o que, sen embrago- que ironía!- é a miña maior certeza.
Como agardar amor e desvergoña?
Como negar a espera ao Deus da miña esperanza?
Aquí estou, Señor, camiñando neste Advento,
estremecido, asustado, expectante, namorado
e sentindo o teu chamado como a cousa máis certa, máis real,
como a única verdade da miña espera.
Non te canses de chamar, Señor, non te canses de chegar,
non te canses de vir, Señor, que aquí estou a camiñar,
Señor, ao teu encontro neste Advento.
Javier Quismá SJ
Comentarios
Publicar un comentario