DOMINGO XIII DO TPO.ORDINARIO - ciclo B
Primeira Lectura Sab 1, 13-15; 2, 23-24
Por envexa do demo entrou a morte na terra
LECTURA DO LIBRO DA SABEDORÍA
Non fixo Deus a morte
nin se aleda co exterminio dos vivos;
creouno todo, de certo, para que subsista
e as criaturas do mundo son saudables;
non hai nelas veleno mortal
nin ten o Hades imperio sobre a terra,
porque a Xustiza é inmortal.
Pois Deus creou o home para a incorrupción
e fíxoo imaxe do seu propio ser,
mais pola envexa do demo entrou a morte no mundo,
e os seus secuaces téñena de probar.
Palabra do Señor R.: Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 29, 2 e 4. 5-6. 11 e 12a e 13b
R.: (2a)Eu lóote, Señor, porque me libraches.
Eu lóote, Señor, porque me libraches
e non deixaches rirse de min os inimigos.
sacaches do abismo a miña vida,
fixéchesme revivir,
lonxe dos que baixanao sepulcro.
Cantádelleao Señor os seus amados,
loade o seu santo nome.
O seu furor dura só un intre;
o seu favor, toda a vida.
Se hai pranto á tardiña,
ao abrente xa hai ledicia.
Escoita, Señor; ten compaixón de min,
Señor, ven socorrerme.
Trocaches o meu lamento en danza,
Señor, meu Deus, hei loarte por sempre.
Segunda Lectura 2 Cor 8, 7. 9. 13-15
Que a vosa abundancia supla a indixencia dos irmáns pobres
LECTURA DA SEGUNDA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS CORINTIOS
Irmáns:
Xa que abundades en todo—en fe, en palabras, en ciencia, en interese polas cousas e en amor a nós—, abundade tamén nesta graza. Coñecedes ben a xenerosidade do noso Señor Xesús Cristo que, sendo rico, se fixo pobre por vósparavos enriquecer coa súa pobreza.
Non se trata de que pasedes apuros por aliviardes a outros, senón de que haxa equilibrio. Neste momento, a vosa abundancia pode remediar a carencia deles para que a abundancia deles poida vir en auxilio da vosa carencia.
Así haberá igualdade, de acordo co que está escrito. A quen recollía moito non lle sobrabae, a quen recollía pouco, non lle faltaba.
Palabra do Señor R.: Grazas a Deus
ALELUIA Cf. 2 Tim 1, 10
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
O noso Salvador Xesús Cristo destruíu a morte,
e iluminou a vida por medio do Evanxeo.
Aleluia.
Evanxeo Mc 5, 21-43 (longa)
Nena, a ti che falo, érguete.
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Naquel tempo, pasando de novo Xesús nunha barca para a banda de enfronte, xuntouse moita xente arredor del, que estaba na beira do mar. Nisto chegou un dos xefes da sinagoga, chamado Xairo, que,ao velo, se botou aos seus pés suplicándolle:
— A miña filla está a piques de morrer, ven impor sobre ela as túas mans para que sande e viva.
E foise con el, seguido de moito xentío que o estrullaba.
Había unha muller que padecía hemorraxias desde doce anos atráse levaba sufrido moito cos médicos, que lle acababan cos bens; total para nada, porque a cada paso ía a peor. Como oíra falar do que facía Xesús, achegouse entre a xente por detrás e tocoulle o seu vestido, dicindo para si:
— Aínda que non sexa máis que tocarlle o seu vestido, ficarei sa.
E, secándolle a fonte da hemorraxia, sentiu no seu corpo que estaba curada do mal.
Axiña Xesús, decatándose da forza que saíra del, volveuse e preguntou:
— Quen me tocou na roupa?
Os discípulos respondéronlle:
— Ti ben ves a xente preméndote, e aínda preguntas por quen te tocou?
Pero el seguía mirando arredor para ver quen fora. Daquela, a muller, amedrentada e tremendo, sabendo o que lle sucedera, veu caer ante el contándolle toda a verdade. El díxolle:
— Filla, a túa fe sandoute, vaite en paz, curada para sempre da túa doenza.
Aínda estaba el falando, cando chegaron da casa do xefe da sinagoga a dicirlle:
— A túa filla acaba de morrer. Para que andar xa molestandoo Mestre?
Pero Xesús,ao escoitar o que estaban a falar, díxolleao xefe da sinagoga:
— Non temas, abonda que teñas fe.
E non permitiu que ninguén o acompañase, fóra de Pedro, Santiago e Xoán, o irmán de Santiago.
Ao chegaren á casa do xefe da sinagoga, vendo o gran barullo que facían con choros e lamentos, entrou e díxolles:
— A que vén tanto barullo e tanto chorar? A meniña non morreu, está a durmir.
E todos facían riso del. Pero botándoos a todos fóra e levando con el os pais da meniña e mais os seus acompañantes, entrou onde estaba a nena. Colleuna pola man e díxolle:
— Talitha, qumi (que quere dicir: “rapaza, érguete”).
A rapaciña ergueuse decontado e botouse a andar, que xa tiña doce años. E aquela xente quedou coa boca aberta.
El insistiulles en que non llo contasen a ninguén e mandou que lle desen de comer.
Palabra do Señor R.: Loámoste, Cristo
______________________________________________________________________
Ou: 21-24. 35b-43(máis breve)
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Naquel tempo, pasando de novo Xesús nunha barca para a banda de enfronte, xuntouse moita xente arredor del, que estaba na beira do mar. Nisto chegou un dos xefes da sinagoga, chamado Xairo, que,ao velo, se botou aos seus pés suplicándolle:
— A miña filla está a piques de morrer, ven impor sobre ela as túas mans para que sande e viva.
E foise con el, seguido de moito xentío que o estrullaba.
Aínda ía de camiño cando chegaron da casa do xefe da sinagoga a dicirlle:
— A túa filla acaba de morrer. Para que andar xa molestando o Mestre?
Pero Xesús, ao escoitar o que estaban a falar, díxolle ao xefe da sinagoga:
— Non temas, abonda que teñas fe.
E non permitiu que ninguén o acompañase, fóra de Pedro, Santiago e Xoán, o irmán de Santiago.
Ao chegaren á casa do xefe da sinagoga, vendo o gran barullo que facían con choros e lamentos, entrou e díxolles:
— A que vén tanto barullo e tanto chorar? A meniña non morreu, está a durmir.
E todos facían riso del. Pero botándoos a todos fóra e levando con el os pais da meniña e mais os seus acompañantes, entrou onde estaba a nena. Colleuna pola man e díxolle:
— Talitha, qumi (que quere dicir: “rapaza, érguete”).
A rapaciña ergueuse decontado e botouse a andar, que xa tiña doce años. E aquela xente quedou coa boca aberta.
El insistiulles en que non llo contasen a ninguén, e mandou que lle desen de comer.
Palabra do Señor R.: Loámoste, Cristo
Comentarios
Publicar un comentario