Venres Santo


O coronavirus sitúanos ante unha das cruces que os seres humanos temos que afrontar ao longo da nosa vida: a cruz da enfermidade. Unha cruz que pode chegar a trastornar todos os ámbitos da existencia: o ámbito persoal, o familiar, o social e mesmo o mundial, como está a ocorrer.

Oramos, xunto á cruz de Xesús, para que o Señor nos axude no medio desta circunstancia excepcional que require da colaboración de todos para poder superala.


Que atopemos luz e paz na Cruz do noso Señor Xesucristo.

 














1ª Estación
Xesús é condenado á morte

Pedimos nesta estación por todas as persoas. Somos fráxiles. Estamos expostos a virus, enfermidades, pecados, perigos… É a “condena” da nosa limitación e debilidade humana. Que asumamos esa condición
de fraxilidade que nos identifica: non somos deuses, somos de carne e óso, co que esta realidade leva.

2ª Estación
Xesús carga coa Cruz

Pedimos nesta estación por todas as autoridades políticas e sanitarias que teñen a responsabilidade de xestionar esta crise do coronavirus, buscando o ben común da sociedade. Tócalles cargar ás súas costas a cruz de velar pola saúde das persoas. Que Deus os ilumine e os guíe na toma de decisións.

3ª Estación
Xesús cae por primeira vez

Pidamos nesta estación para que non caiamos na tentación da frivolidade, de non tomarnos en serio as recomendacións que se nos fan para evitar posibles contaxios, pondo en risco a nosa saúde e a saúde dos demais.

4ª Estación
Xesús atopa á súa Nai

Pidamos nesta estación a intercesión da Virxe María, e para que confiemos na tarefa de tantos profesionais que velan -como nais- pola nosa saúde e o noso benestar.

5ª Estación
Simón de Cirene axuda a Xesús a levar a Cruz.

Pidamos nesta estación polos profesionais sanitarios: médicos, enfermeiras, auxiliares… por todo o persoal dos hospitais que son os cirineos que axudan aos enfermos a vencer a enfermidade. Que Deus os protexa, os coide, os fortaleza e os axude nesta hora difícil.

6ª Estación
Unha muller limpa o rostro de Xesús

Pidamos nesta estación polas persoas que, de maneira altruísta, axudan, colaboran, se solidarizan, achegan o seu tempo e os seus dons para aliviar tantas necesidades como carrexa unha situación como esta. Que
aprendamos a estar sempre á beira dos que sofren, sen estigmatizar a ninguén.

7ª Estación
Xesús cae por segunda vez

Pidamos nesta estación para que non caiamos no medo, na histeria, na desesperanza… que non conducen a nada. Que o Señor nos dea serenidade para afrontar esta situación de emerxencia que nos toca vivir.

8ª Estación
Xesús consola ás mulleres de Xerusalén

Pidamos nesta estación por tantos crentes como nestes días rezamos para que Deus á parte do mundo este mal do coronavirus. Que Deus escoite e atenda as nosas oracións.

9ª Estación
Xesús cae por terceira vez

Pidamos nesta estación por quen sofre os danos colaterais desta crise. Dun modo especial polos empresarios que ven perigar o seu medio de subsistencia e polos obreiros que, como consecuencia, quedan sen traballo. Que pronto todo poida volver á normalidade.

10ª Estación
Xesús é desposuído dos seus vestidos

Pidamos nesta estación polos investigadores que buscan un remedio de curación eficaz, para que os seus traballos pronto poidan dar froito.

11ª Estación
Xesús é crucificado

Pidamos nesta estación por todos os que gardan corentena, ben por ter o virus, ben por convivir con persoas infectadas. Que o Señor lles dea paciencia, e que este tempo lles sirva de proveito para reflexionar sobre a propia vida e sobre a necesidade que temos de Deus.

12ª Estación
Xesús morre na Cruz

Pidamos nesta estación por todos os que faleceron con coronavirus, para que Deus os acolla no ceo onde xa non hai nin enfermidade, nin loito nin dor.

13ª Estación
Baixan a Xesús da Cruz

Pidamos nesta estación por todos os familiares de quen padeceron ou están a padecer a enfermidade do coronavirus, para que o Señor os acompañe e fortaleza no medio da situación familiar que están a vivir.

14ª Estación
Xesús é sepultado

Pidamos nesta estación para que aprendamos a asumir tantas realidades dolorosas como nos toca afrontar ao longo da vida, incluída esta de o coronavirus, desde a luz da fe, na esperanza de que todo é pasaxeiro, de que Deus ten sempre a última palabra.

15ª Estación
Xesús resucita

ORACIÓN FINAL:
Oh, Deus, que sabes que non podemos subsistir pola nosa fraxilidade, asediados por tantos perigos, como agora padecemos coa pandemia do coronavirus. Concédenos a saúde da alma e do corpo, para superar coa túa axuda este perigo. Cura aos enfermos e dános a paz. Por Xesucristo o noso Señor. Amén.








Comentarios

Publicacións populares