Domingo 2 do Tpo. Ordinario B
2º DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO - CICLO
B
Primeira Lectura 1 Sam 3,
3b-10. 19
Fala, Señor, que o teu servo escoita
LECTURA DO PRIMEIRO LIBRO DE SAMUEL
Naqueles días, Samuel
estaba deitado no santuario do Señor, onde estaba a arca de Deus.
O Señor chamou por
Samuel e este respondeulle:
‑ Aquí estou.
E, coa mesma, foi correndo
onda Elí e díxolle:
‑ Aquí estou, pois chamaches
por min.
Elí díxolle:
‑ Eu non te chamei; vai e
déitate.
E Samuel volveu deitarse.
O Señor chamou de segundas
por Samuel.
Samuel ergueuse e foi onda
Elí, e díxolle:
‑ Aquí estou, pois chamaches
por min.
Elí respondeulle:
‑ Eu non te chamei, meu
fillo; vai e déitate.
Daquela Samuel non coñecía o
Señor, pois a palabra do Señor aínda non se lle revelara.
O Señor chamou por terceira
vez a Samuel, quen se ergueu e foi onda Elí, e díxolle:
‑ Aquí estou, pois chamaches
por min.
Entón decatouse Elí de que
era o Señor quen chamaba o rapaz, e díxolle a Samuel:
‑ Vai e déitate, e se te
chama outra vez, dirás: "Fala, Señor, que o teu servo escoita".
Samuel marchou e deitouse no
seu sitio.
O Señor presentouse e chamou
coma as outras veces:
‑ Samuel, Samuel!
E Samuel dixo:
‑ Fala, Señor, que o teu
servo escoita.
Samuel ía crecendo; o
Señor estaba con el e non deixou sen cumprimento ningunha palabra súa.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 39,
2 e 4ab. 7-8a. 8b-9. 10
R/. (8a e 9a): Aquí veño, Señor, para facer a túa
vontade.
Esperei arelante no Señor:
el volveu cara a min os seus ollos
e escoitou o meu lamento.
Púxome na boca un cantar novo,
un himno de loanza ao noso Deus.
Sacrificios e ofrendas non os queres,
pero formáchesme uns oídos.
Non pides holocaustos nin sacrificios de expiación;
entón eu digo: "Aquí veño".
No texto do libro está escrito de min
que debo facer a túa vontade.
Meu Deus, iso é o que eu quero,
e o teu mandato está no meu corazón.
Proclamei a túa xustiza diante da grande asemblea,
non pechei os meus labios: ben o sabes, Señor.
Segunda Lectura 1 Cor 6,
I3c-I5a. I7-20
Os vosos corpos son membros de Cristo
LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS
CORINTIOS
Irmáns:
O corpo non é para a
fornicación, senón para o Señor; e o Señor é para o corpo. E Deus, que
resucitou xa a Cristo, tamén nos ha resucitar a nós polo seu poder.
Non sabedes que os
vosos corpos son membros de Cristo? E quen se xunta ao Señor, é un mesmo
espírito con El. Fuxide da impureza.
Calquera pecado que o
home poida cometer, cae fóra do corpo; pero quen comete impureza peca contra o
seu propio corpo.
Ou non sabedes que o
voso corpo é templo do Espírito Santo que está en vós, que o recibistes de Deus
e que polo tanto non sodes donos de vós?
Porque, en verdade,
compróusevos a bo prezo. Glorificade, polo tanto, a Deus co voso corpo.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Xn 1, 41. 17b
Se non se canta, pódese omitir
Aleluia, aleluia.
Encontramos o Mesías, que é Cristo,
por medio del déusenos a graza e a verdade.
Aleluia.
Evanxeo Xn 1, 35-42
Viron onde paraba e quedaron con el
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Naquel tempo, estaba
Xoán con dous dos seus discípulos e, vendo a Xesús que camiñaba, dixo:
‑ Velaquí o Año de
Deus.
Cando os dous
discípulos oíron o que el falara, fóronse detrás de Xesús. Volveuse Xesús e,
vendo que eles o seguían, preguntoulles:
‑ Que buscades?
Eles respondéronlle:
‑ "Rabbí"
(que quere dicir "Mestre"), onde paras?
El díxolles:
‑ Vide e veredes.
E eles foron e viron
onde paraba e quedaron con el aquel día. Era contra as catro da tarde.
Un dos dous que
escoitaron a Xoán e seguiron a Xesús era Andrés, o irmán de Simón Pedro. Vai e
atopa primeiro a Simón, o seu propio irmán, e dille:
‑ Encontramos o Mesías
(que quere dicir Cristo).
E levouno onda Xesús.
Ao velo, díxolle Xesús:
‑ Ti es Simón, o fillo
de Xoán. Ti haste chamar Cefas (que quere dicir Pedro).
Palabra
do Señor R/.
Loámoste, Cristo
Comentarios
Publicar un comentario