O Señor renunciou ao castigo co que ameazara ao seu pobo - Ex 32, 7-11. 13-14
Domingo 24 do Tpo.Ordinario - ciclo C
É DE BEN NACIDOS
«É de ben
nacidos ser agradecidos».
Esta é unha
certeza, Señor, entre a xente sinxela
en quen Ti te
compraces, e que sabe facer realidade
no seu
convivir cos demais.
Tamén nós
queremos darche grazas a Ti,
Deus Pai,
agora e en cada momento,
porque es o
Deus presente e próximo,
o Pai que nos
busca sen cesar,
e que cando
nos atopa perdidos
por camiños
equivocados, conmóveste,
dásnos un
abrazo e pos un anel nas nosas mans.
Queremos
vivir así, como fillos teus.
Porque es,
Pai, o pastor que ama máis á ovella perdida,
por iso,
porque anda perdida;
o Pai que
sofre cando nós sufrimos;
o que non se
esquece nin do fillo que volve,
nin do que
está, pero non ten amor.
Es o Deus Pai
do Amor gratuíto e misericordioso,
que non anda
calculando os méritos de cada un.
Fai, Señor,
que na túa Presenza, nos enchamos de Forza
e de ánimo
para saber recoñecerte como Pai,
e recoñecer
en cada persoa un irmán
querido ao
que acompañar e coidar no camiño da vida.
Eucaristía evd
Comentarios
Publicar un comentario