Cristo veu salvar os pecadores - 1 Tim 1, 12-17

Domingo 24 do Tpo.Ordinario - ciclo C


TI, SEÑOR, ESTÁS AÍ

Cando saímos ao encontro do que sofre
TI, SEÑOR, ESTÁS AÍ

Ao abrir a porta da túa casa
e sentarnos á túa mesa
TI, SEÑOR, ESTÁS AÍ

Cando comemos o teu corpo,
e sentimos forza para entregarnos
TI, SEÑOR, ESTÁS AÍ

Cando bebemos o teu sangue,
e sentimos alegría para contaxiala
TI, SEÑOR, ESTÁS AÍ

Cando escoitamos a túa Palabra,
e o camiño se ilumina
TI, SEÑOR, ESTÁS AÍ

Cando facemos o ben,
e o noso corazón se alegra
TI, SEÑOR, ESTÁS AÍ

Cando comungamos a Eucaristía
e sentimos paz interior
TI, SEÑOR, ESTÁS AÍ

Cando aclamamos o teu nome
e o facemos sen vergoña
TI, SEÑOR, ESTÁS AÍ

Cando loamos a túa presenza
e as nosas vidas cambian
TI, SEÑOR, ESTÁS AÍ

Cando o amor xorde espontaneamente
nas nosas mans
TI, SEÑOR, ESTÁS AÍ

Cando o perdón sae facilmente
dos nosos beizos
TI, SEÑOR, ESTÁS AÍ

Cando renace o ben
e a esperanza no mundo
TI, SEÑOR, ESTÁS AÍ

Canto a nosa sorte
é a sorte do demais
TI, SEÑOR, ESTÁS AÍ

Cando imos regalando
sorrisos e detalles
TI, SEÑOR, ESTÁS AÍ

Cando nos multiplicamos
en favor dos demais
TI, SEÑOR, ESTÁS AÍ

Cando sentimos que os demais
son os nosos irmáns.
TI, SEÑOR, ESTÁS AÍ



Comentarios