Establecerei unha nova alianza e non me lembrarei do pecado-Xer 31, 31-34


DESDE TI, SÓ DESDE TI

Desde Ti, só desde Ti, renace a persoa
que despois transcenderá xunto con outros.
Desde Ti, só desde Ti, o tempo é non avaliable formador
onde se xesta o posible.
Desde Ti a historia é a memoria que modela toda identidade.
É fonte, é xerme de conciencia, promesa para madurar.

Desde ti, só desde Ti, o camiño sorpréndenos
en intuicións que nos abren á paz.
Non son flores de papel, non son quimeras,
son en vida profunda realidade que nos libera.
Desde ti, 
respectar outros xeitos é abrazo á humana condición, 
que nos dá a liberdade de ser distintos
e fainos capaces de escoitar.

Desde ti, só desde Ti, a vida queda curta
para dar cabida a aquilo que soñamos.
Desde ti, só desde Ti, o ordinario e cotián
vólvesenos marabilla entre as mans.
Desde ti, espertamos ao asombro que aparece
ao ver que nace un novo día e desde alí
lanzamos a semente e esperamos atentos á vida.


Comentarios

Publicacións populares