Pascua 5A. Veña a nós, Señor, a túa misericordia, como de ti o esperamos - Salmo 32

Domingo 5 de Pascua - ciclo A


APRENDER DO PAI

Canto temos que aprender de Ti, noso Pai!

Ti es amigo de ofrecer casa cuberta
a toda a xente que anda polos camiños da vida.

Ti es amigo de acoller sen preguntar,
ofrecendo primeiro o agasallo dun o abrazo,
o lumiño da túa amizade
e as viandas do teu amor.

Ti tes reservado un cuartiño para cada un,
respectando o noso ser e maneiras,
apreciando a nosa voz e decisión,
provocando a nosa responsabilidade.

Ti gardas sempre o sitio mellor,
o máis quentiño e mellor amoblado,
para o máis pobre e espido,
para o máis mancado na vida.
Cabo de ti os últimos son sempre os primeiros
e os marxinados reciben os mellores aprecios.

Ti dóeste ata o máis fondo
de que teñamos tanta xente no mundo
orfa de casa e pan,
orfa de presente e de porvir,
sendo que o teu soño primeiro fora
un fogar amplo e común
onde vivir o gozo da irmandade.

Ti non quedas parado;
o Espírito que animou o teu Fillo
pósnolo hoxe nas mans
reclamando a nosa colaboración
na tarefa sublime e elemental
de dar a cada persoa un cuartiño
na casa grande da humanidade,
na túa casa, Pai acolledor.

Canto temos que aprender de Ti, noso Pai!



Comentarios

Publicacións populares