CELEBRACIÓN + ORACION - DOMINGO + SEMANA 4 CORESMA B
Cuarto domingo de Coresma
Monición de entrada
Seguimos
camiñando esta Coresma entre as mans abertas de Deus e a nosa liberdade para
rexeitar o seu amor, que é rexeitar aos irmáns. O autor da primeira lectura
chora por un pobo, unha terra e un pobo que xa non existen.
Rito penitencial
Ti, que nos
chamas sempre. Señor, ten piedade de nós.
Ti, que abres
as túas mans na Cruz. Cristo, ten piedade de nós.
Ti, que does do
noso pecado. Señor, ten piedade de nós.
Ideas para a homilía
·
O
autor da primeira lectura mira cara atrás, aos sucesos que padeceu Israel e
chega a unha conclusión: a desgracia do pobo ven de darlle as costas a Deus.
·
É
máis doado, sempre máis doado, o camiño da nada, da superficialidade, do
“quéroo todo agora, xa, pronto”.
·
Pensar
só no inmediato fainos miopes que non ven máis alá dos fuciños. No agora, no
xa, non se atopa ao irmán.
·
Nada
realmente importante é doado, todas as grandes decisións custan esforzo e
traballo. E o esforzo e traballo fainos homes e mulleres. O doado non humaniza,
non fai medrar.
Oración dos fieis
Oremos a Deus
como pobo chamado a unha vida plena.
·
Pola
Igrexa, chamada a ser experta en humanidade. Oremos:
·
Pola
xente nova, que está buscando o seu camiño na vida. Oremos:
·
Polos
nosos maiores, que con tanto esforzo construíron unha vida para si e para os
seus. Oremos:
·
Por
uns gobernantes que sexan homes e mulleres de paz. Oremos:
·
Por
toda a xente que sofre a inxustiza e o egoísmo da sociedade. Oremos:
·
Pola
nosa parroquia que ten que camiñar collida da man de Deus e de todos os nosos
veciños. Oremos:
Escoita a oración do teu pobo peregrino por unha terra chea de esperanzas e de bágoas. Por Cristo noso Señor.
Ángel Domínguez Cerdeira
(grazas por compartir connosco)
Comentarios
Publicar un comentario