Novena á Virxe María - Día 2
Día segundo:
María, a muller que non coñeceu home.
Monición
Irmáns: na vida de María hai unha dispoñibilidade total para ser un instrumento nas mans de Deus. Cando é chamada a ser a Nai do Señor dunha maneira desconcertante aos ollos dos homes, María vai ser nai conservando enteira a súa virxindade, a que non só non se ver minguada co nacemento de Xesús, senón que por el quedará consagrada para sempre. A virxindade de María é un misterio de amor e de graza, que nos fala da marabillosa fecundidade da entrega a Deus e da aceptación de quen veña entrar na historia persoal de cada un.
Palabra de Deus Mt 1, 18-23
O nacemento de Xesús foi así:
María, a súa nai, estaba prometida a Xosé; e antes de viviren xuntosapareceu
ela embarazada por obra de Espírito Santo. Xosé, o seu prometido, home xusto,
non a querendo aldraxar, decidiu repudiala secretamente. Tal era a súa resolución,
cando o anxo do Señor se lle apareceu un soños dicíndolle:
-Xosé, fillo de David, non repares en levar contigo a María, a túa prometida; que o que nela se concibiu é obra do Espírito Santo. Dará a luz un fillo, e tipoñeraslle o nome de Xesús, porque salvará o seu pobo de todos os pecados.
Todo isto aconteceu para que
se cumprise o que dixera o Señor por boca do profeta:
-Mirade: a virxe concibirá e dará a luz un filio, e poñeranlle de nome
Emmanuel (que quere dicir Deus connosco).
Reflexión
1.Os acontecementos inesperados desconcértannos, experimentamos inseguridade e medo ante aquilo que pode alterar o ritmo da nosa vida: unha enfermidade, unha desgraza, etc. Non sempre vemos nestas cousas unha chamada de Deus.
2.A persoa de fe vive en actitude de buscar para descubrir a vontade de Deus sobre a súa vida e trata de coñecer o que Deus lle pide. No caso do Pobo deDeus, o Señor deulle un sinal: "A virxe está encinta e dá a luz un fillo, e ponlle de nome Emmanuel ".
3.Aceptar este sinal non é cousa doada. Non o foi para María e menos
aínda para Xosé, pero aquí entra en xogo a confianza no poder de Deus, e en
definitiva, a fe na súa Palabra revelada.
Xesús, pola súa orixe divino-humana, concibido virxinalmente, amósase xa como signo de contradición aínda antes del seu nacemento. Pero a lectura cristiá e tradicional da pasaxe de Isaías é un dato de fe, que revela o preto de si que Deus quixo ter a María. A proximidade do Señor exclúe outras presenzas. María sempre virxe: antes e despois do parto.
4.María é a rapaza marabillosamente grande ante Deus, pero fráxil ante
os homes. O amor forte e respectuoso de Xosé, que tamén aceptou que Deus
entrase na súa vida, protéxea e guíaa. O cristián confía tamén en Deus, que
salva no medio da escuridade da propia vida e historia humana.
Preces
* Elevemos as nosas súplicas ao Salvador, que quixo nacer de María virxe,
e digámoslle:
-Que a túa nai, Señor, interceda por nós.
* Xesús, sol de xustiza, a quen a Virxe precedeu inmaculada coma aurora
relucente: fai que vivamos sempre iluminados pola claridade da túa presenza.
-Que a túa nai, Señor, interceda por nós.
* Salvador do mundo, que coa eficacia da túa redención preservaches a
túa nai de toda mancha de pecado: líbranos a nós de toda culpa.
-Que a túa nai, Señor, interceda por nós.
Noso redentor, que fixeches da
Virxe María tabernáculo purísimo da túa presenza e sagrario do Espírito Santo:
fai tamén de nós templos vivo do Espírito Santo.
-Que a túa nai, Señor, intecerda por nós.
* Rei de Reis, que elevaches contigo ao ceo en corpo e alma a
túa nai: fai que aspiremos sempre aos bens do ceo.
-Que a túa nai, Señor, interceda por nós.
Noso Pai que estás no ceo ...
Oración
Concede, Señor, ao teu pobo perseveranza e firmeza na fe, e a
cantos confesan o teu Fillo, Deus de gloria eterna, que naceu de Nai Virxe cun
corpo coma o noso, líbraos dos males desta vida e axúdaos un conseguir as
alegrías eternas.
Por Cristo, noso Señor. Amén.
Comentarios
Publicar un comentario