ORACIÓN SEMANA 2 DE ADVENTO - ciclo B

TODA A NOSA VIDA É ADVENTO


Toda a nosa vida é "advento":

Deus está a vir.


El vén na súa Palabra,

no seu Espírito que nos dá a fe,

nos sacramentos da Igrexa,

nas loitas e alegrías da vida,

en cada un dos nosos irmáns,

sobre todo nos máis pobres e sufridos.


Hai que saber esperar a Deus.

Hai que saber buscar a Deus.

Hai que saber descubrir a Deus.


E mira que hai moitos que se cansan de esperar,

porque a vida púxose moi dura

e os poderosos sempre esmagan ao pobo.


E hai moitos que non saben buscar a Deus

día a día, no traballo, en casa, na rúa,

na loita polos dereitos de todos,

na oración, na festa alegre dos irmáns unidos,

e mesmo máis aló da morte.


O millo e o arroz están a nacer, fermosos.

Chegou o Advento.

Logo chegará o Nadal.

Deus está a chegar sempre.


Abramos os ollos da fe,

abramos os brazos da esperanza,

abramos o corazón do amor.

Nese Deus que sempre vén,

abrázavos o voso irmán.


Pedro Casaldáliga




 Semana 2 de Advento B: 

https://xanostesaqui.webnode.es/lecturas-da-misa/lecturas-semanais/advento/semana-2/

LUNS: Lc 5, 17-26 - Hoxe vimos marabillas 

MARTES: Mt 18, 12-14 - Deus non quere a perdición dos humildes 

MÉRCORES: Mt 11, 28-30 - Achegádevos a min tódolos que traballades 

XOVES: Mt 11, 11-15 - Non naceu ninguén máis grande ca Xoán Bautista 

VENRES: Mt 11, 16-19 - Nin escoitan a Xoán nin ó Fillo do home 

SÁBADO: Mt 17, 10-13 - Elías xa veu e non o coñeceron 

Comentarios

Publicacións populares