17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS 2020 - Carvalho Calero

O estudo da Literatura Galega tivo un antes e un despois
de Carvalho Calero. Merecida e tardía homenaxe neste día.


Ti que me ajudas nesta misa eterna
 que celebro no altar do Deus ignoto,
 contenta-te con ser feliz humildemente;
 ultrapasar non queras o teu papel de acólito. 

O teu destino é responder à voz miña,
 que lanza ao ceu os salmos como un falcón famento;
 e dicer asi seja cando aos altos poderes
 prego para que guinden courazas de siléncio.

Move o botafumeiro con inocente abalo.
 Báculo a tua pureza seja do meu esforzo.
 Un máis forte que ti na escura abóbeda
 axeja, e ha queimar a pomba co seu fogo.

 Segue-me se me amas; non queras que te siga.
 Só comigo estarás –vivo no esquecemento–
 desamparadamente de joellos ante o altar,
 non poderosamente no mesmo altar ergueito. 




A busca do infinito na poesía de Carvalho Calero de Xesús Portas
Revista Encrucillada nº217 Marzo-Abril 2020
(Precioso artigo, grazas Xesús)

Comentarios

Publicacións populares