Se non lle falas ao malvado, pedireiche contas do seu sangue - Ez 33, 7-9
Domingo 23 de Ordinario - ciclo A
MEDRANDO EN COMUNIDADE
Señor Xesús,
Grazas pola túa corrección
que me chega tantas veces
na voz e nos feitos
dos compañeiros e veciños.
Que a acepte e aproveite.
Señor Xesús,
faime responsable
da xente da comunidade, da parroquia.
Dáme amor abondo
para me doer dos seus fallos.
Dáme valentía
para dicir as cousas e corrixir
con forza e con tenrura.
Dáme intelixencia
para buscar humildemente
as mellores formas de progreso
para o corpo e para o espírito.
Dáme compañeiros
que fagan máis firme e verdadeiro
e meu esforzo.
Señor Xesús,
que me poida alegrar
co progreso da comunidade, da parroquia.
Que soleza vendo solecer
o meu compañeiro e veciño.
Dáme o gran regalo
de ser comunitario.
E así,
a xente e o pobo renovados,
seremos un sinal
da terra e ceo novos que agardamos:
a Galicia redimida
pola que xuntos, ti e máis nós,
loitamos.
Comentarios
Publicar un comentario