A palabra está cerca de ti para a cumprires - Dt 30, 10-14
Domingo 15 do Tpo. Ordinario - ciclo C
QUE TEMOS QUE FACER
Que temos que facer, Deu Pai, para vivir sempre na túa Presenza.
Que temos que facer para ser felices.
Que temos que facer coa nosa riquezas, co traballo, coa seguridade ... ,
e que facer coas dúbidas, co desamor,
con todo o que nos fai insensibles
e repregados no grupo, na familia e na Parroquia.
Sabemos que nos queres, que somos os teus fillos,
agora e sempre.
Por encima dos fracasos e da limitación.
Por encima da infidelidade, Ti séguesnos querendo.
Aínda que equivoquemos o camiño.
Aínda que só che teñamos aí
cando nos fallan as «seguridades» pequenas,
e sufrimos ao non corresponder ao teu Amor co noso amor.
E algo nos fai ver que nos falta entrega e testemuño.
Dicimos que queremos vivir como fillos,
pero isto tradúcese en ben pouco, case non se nota en nada.
O que sabemos é que o teu Amor nunca falla,
que permaneces fiel con todos.
E que nos dis, Pai, que o sentido da vida, que o logro das persoas,
é camiñar xuntos, nin por diante nin por detrás,
nin deixando feridos nas cunetas da vida.
Pero séguenos faltando tanta forza ...
Sé, Ti, Señor, a nosa forza, o noso auxilio,
a nosa roca salvadora,
como rezamos cos Salmos.
Sé Ti quen nos abra o corazón e os ollos
para contemplar os irmáns que sofren;
fainos capaces de ser alivio e consolo.
Axúdanos a baixar da grandezas
(porque desde arriba ninguén pode servir)
que illan e separan;
e que o teu Amor Misericordioso
o fagamos realidade na nosa vida.
Queremos ser misericordiosos como Ti, Pai,
es Misericordia.
Eucaristía evd 15º TOC 2016
Comentarios
Publicar un comentario