Domingo 24 Ordinario B
DOMINGO XXIV
ORDINARIO - CICLO B
Primeira
Lectura Is 50, 5-9a
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS
Ofrecinlles
o meu lombo aos que me ferían
O Señor abriu o meu oído,
e
eu non me rebelei, non me botei para atrás.
Ofrecín o lombo aos que me
azoutaban,
e
a miña cara aos que me arrincaban a barba.
Non escondín a miña cara dos
insultos e das cuspiñadas.
Pero o Señor axudarame,
por
isto non me sinto avergonzado, e poño a miña cara coma un diamante,
pois
sei que non me avergonzarei.
O que defende a miña causa está
cerca.
Quen
litigará comigo, cando comparezamos ante a comunidade?
Quen traballa a miña xusta sentencia
está detrás de min.
O Señor axudarame: quen será o que
me declare culpable?
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 114, 1-2. 3-4. 5-6. 8-9
R/. (9): Camiñarei
na presenza do Señor na terra da vida.
Ou: Aleluia.
Amo
o Señor, porque escoita
a
miña voz suplicante,
porque
achega a min o seu oído
no
día en que o invoco.
Envolvíanme
lazos de morte
atrapáranme
as redes do abismo,
atopeime
en apuro e aflición.
Invoquei
o nome do Señor:
"Señor,
sálvame a vida!"
O
Señor é xusto e clemente,
o
noso Deus é compasivo.
O
Señor garda os humildes:
na
miña febleza hame socorrer.
El
librou da morte a miña vida,
das
bágoas os meus ollos,
da
caída os meus pés.
Camiñarei
na presenza do Señor
na
terra da vida.
Segunda
Lectura Sant 2, 14-18
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SANTIAGO
Se
a fe non frutifica en obras, está morta
Irmáns benqueridos:
Que proveito lle trae a un dicir que
ten fe, se non ten feitos? Acaso o poderá salvar esa fe?
Se un irmán ou unha irmá andan
espidos e necesitados do pan de cada día, e vai un de vós e dilles:
"ídevos en paz, quentádevos e fartádevos", pero non lles dá aquilo
que lle cómpre ao seu corpo, que proveito levan?
Pois o mesmiño pasa coa fe: se non
ten feitos, leva a morte na súa cerna.
Pode dicir alguén: "ti tes a
fe, eu teño os feitos".
- Amósame a túa fe sen feitos que eu
polos feitos heiche de amosar a miña fe.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Gal 6, 14
Se
non se canta, pódese omitir.
Aleluia,
aleluia.
Lonxe
de min gloriarme se non é na cruz do Señor,
por
quen o mundo está crucificado para min e eu para o mundo.
Aleluia.
Evanxeo Mc 8, 27-35
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Ti
es o Cristo... É preciso que o Fillo do Home padeza moito
Naquel tempo, ía Xesús cos seus
discípulos cara ás aldeas de Cesarea de Filipo, e polo camiño preguntoulles:
‑ Quen di a xente que son eu?
Eles responderon:
‑ Uns, que Xoán Bautista; outros,
que Elías; e outros, que algún dos profetas.
El preguntoulles a eles:
‑ E vós, quen dicides que son?
Respondeu Simón Pedro:
‑ Ti es o Mesías.
E prohibiulles diciren nada a
ninguén.
Entón, empezou a adoutrinalos
dicíndolles:
- O Fillo do Home ten que padecer
moito e ser rexeitado polos sumos sacerdotes e polos letrados, e ser
axustizado, e despois de tres días ha de resucitar.
E dicíao con toda claridade.
Entón Pedro levouno consigo e empezou
a rifarlle. Pero Xesús deu a volta e, mirando cara aos seus discípulos,
reprendeu a Pedro:
‑ Camiña detrás de min, Satanás, que
ti non consideras as miras de Deus, senón as dos homes.
E chamou a xente onda os seus
discípulos e díxolles a todos:
‑ Se alguén quere vir detrás de min,
que renuncie a si mesmo, que cargue coa súa cruz e que me siga. Pois o que
queira poñer a salvo a súa vida, perderaa; pero quen perda a súa vida pola miña
causa e pola do Evanxeo, ese poñeraa a salvo.
Palabra do Señor R/.
Loámoste, Cristo
A vivencia da fe ou é solidariedade ou non é fe.
“Sen feitos que a
fagan crible, a fe non serve para nada”
24º domingo TOB 2015
TOMADO DE: http://remoldapalabra.blogspot.com.es/
POWER POINTS
RECENDOS
DE SONS AGRADECIDOS
OLLOS
ABERTOS
Isaías e Santiago
volven poñer diante dos nosos ollos onde está o importante, e onde debemos
poñer o secundario e accidental da vida de fe. Unha fe que non se viva desde un
actuar que ten a defensa e dignidade do ser humano no centro, non é máis que
ideoloxía, intolerancia e dogmatismo. Unha tríade que pon as normas, as leis e
ideas por riba das persoas. E, contra do que din aqueles que teñen medo a
perder poder e mando, non han ser o medo, a desconfianza e a dependencia, para
que outros decidan por un, o noso xeito de actuar e comportarnos. Se Deus nos
creou libres e iguais en dignidade, non podemos deixarnos levar nin do costume
nin da inercia que fai que non nos preguntemos; non unha, senón moitas veces: por
que creo? De que xeito a fe me enriquece como ser humano? Cómo as miñas
conviccións relixiosas me fan mellor persoa, veciño, compañeiro de traballo,
pai ou nai? Si, son estas as preguntas que temos que facernos cada día. Pero
debemos facérnolas nós intentando de buscar resposta, non deixándonos levar do
que fan todos, do que din os que “mandan” ou do que é tradición. E iso por que?
Porque a fe sen razón –reflexión, sentido, racionalidade, coherencias lóxica–
non é máis que manipulación. E Deus non nos quere manipulados senón libres.
CORAZÓN
MISERICORDIOSO
û Por quedar na miña comodidade e non saír
en defensa dos máis débiles e necesitados;
SEÑOR, QUE NON ME AVERGOÑE DE CONFESARME SEGUIDOR TEU.
û Por reducir a miña fe a ritos e
costumes, e non a feitos que humanicen, respecten e acollan;CRISTO, QUE NON
ME AVERGOÑE DE CONFESARME SEGUIDOR TEU.
û Por non querer asumir que a fe non é deixar
pasar, senón compromiso e coherencia no actuar; SEÑOR, QUE NON ME AVERGOÑE
DE CONFESARME SEGUIDOR TEU.
PALABRA
ACOLLIDA E PÉS NO CHAN
·
Estes
tempos nos que parece que unha gran maioría dos que conformamos os países que
antes se chamaban de cultura cristiá –Europa– renegan das súas raíces e da súa
fe, é o momento no que os que nos sentimos e esforzamos por vivir a mensaxe de
Xesús deamos razón e sexamos testemuñas gozosas e sen medo da nosa fe. É dicir:
que os medos, as desconfianzas, as vergoñas e todo canto vai levando a que a
dimensión relixiosas esmoreza en nós, non sexa o que prime e domine na nosa
vida e no noso xeito de actuar e comportarnos. Cando Francisco nos chama a
empeñarnos en defender a casa común na que todos compartimos teito –o mundo–
temos que sacar o mellor de nós para impedir que a economía, o poder e os
intereses escuros que dirixen o mundo se apropien del e reduzan ás persoas,
principalmente ás máis débiles e pobres –as que viven nas periferias da
miseria, como diría o Papa- a simples datos de balances de contas ou a números
ou tantos por cento, que so fan encher a súa faldriqueira de materialismo en
forma de dominio e cartos. Se queremos ser coherentes e sinceros con nós mesmos
–a Deus, aínda que o intentemos, é moi difícil que o enganemos– non podemos
botarnos atrás na loita pola dignidade das persoas. Estamos a ver nestes días
como algo que en principio non tiña por que ser motivo de discordia, como é o
novo hospital de Vigo, estase a converter nun rebumbio de enganos, mentiras e
desconfianzas, da que os únicos que saímos perdendo somos os usuarios del, os
pacientes. Por iso é tan importante non deixarnos enganar, e non permitir que
os que mandan acaben por converternos en persoas escépticas e desconfiadas.
Seguindo o vieiro que nos abre e que nos invita a seguir Isaías na primeira
lectura, que tampouco nós escondamos a cara cando teñamos que defender o que
son dereitos e melloras polas que moita xente durante moitos anos, mesmo
séculos, foi quen de dar a súa vida. Se eles o fixeron, e nós renunciamos, que
mundo imos deixar para os que veñen tras de nós?
·
E o que
dá coherencia e sentido a esa defensa non son as palabras -que sendo
importantes, porque as cousas hai que pensalas e formulalas para que non se
convertan en arroutos que veñen e se esquecen- senón as obras, tal como nos
recorda Santiago na súa carta. A súa pregunta a aqueles cristiáns da primeira
hora, segue a ter a mesma forza hoxe para nós, cristiáns nesta Europa decrépita
e cada vez máis deshumanizada: que proveito nos ten a nós dicir que temos fe se
non o acompañamos cos nosos feitos? Poderemos rezar moito, ir moitas veces á
Franqueira ou a Lurdes, mesmo meternos nun caixón de mortos para saír na
procesión; pero se logo somos dos que berramos cos veciños, nos levamos mal con
todos os da familia, somos capaces de pelexar por un metro de terra ata
mallarnos ou levantarlle o legón a quen o intente, mentimos para pagar menos a
facenda ou para cobrar unha paga sabendo que de non ser por esta mentira non a
mereceriamos por non cumprir os baremos esixidos... que cristianismo é o noso?
Para que vimos á celebración? A isto se refería naquel tempo o texto de
Santiago. Hoxe tamén se pon diante dos nosos ollos e resoa nos nosos oídos para
que fagamos unha paradiña e pensemos se de verdade a nosa fe en Xesús é
sincera, real e honesta, ou se move na rutina, o ritual e o costume, como se
fose algo desconectado de todas as demais cousas da vida. A forza da fe cristiá
non está, inda que isto o escoitaramos moitas veces, en vir á Misa, senón en
vivir poñendo ao servizo dos demais o mellor dun, para facer do sitio no que
vivimos un cachiño de mundo humanizado e feliz. Despois, froito diso, e non de
rutinas nin costumes, vir á Igrexa para celebralo dando grazas e pedíndolle a
Deus forza para nunca renegar deste camiño.
·
Deste
xeito poderemos logo responder tamén nós á pregunta que Xesús lles fai aos
discípulos, pois co noso testemuño, co noso actuar, estariamos dicindo quen é
Xesús para cada un e cada unha de nós, os que nos chamamos os seus seguidores.
Ser seguidor del non é un título que se saca nunha universidade, nin un billete
de premio que se dá por ir moito á misa; e moito menos a suma total de misas,
novenas ou procesións nas que teñamos participado. Non. Ser seguidor de Xesús é
querer poñerse no seu camiño e intentar percorrelo loitando pola xustiza e
sabendo que cando lle dicimos irmán a alguén, estamos emparentando con Aquel que
dá razón e sentido á fe na que fomos bautizados: Xesús.
FRATERNIDADE
ORANTE
Unimos palabra e corazón para presentarlle ao Señor a
nosa oración comunitaria, e dicimos xuntos:
QUE
O NOSO ACTUAR TEÑA A SÚA RAÍZ EN TI
¨ Para que cantos conformamos a Igrexa non
teñamos nunca medo de anunciar con alegría e esperanza a mensaxe de Xesús desde
a entrega xenerosa ás persoas que son excluídas polos ricos e poderosos,
OREMOS.
QUE
O NOSO ACTUAR TEÑA A SÚA RAÍZ EN TI
¨ Por todas as persoas que viven na incomprensión,
a soidade e o esquecemento por parte das institucións públicas e privadas, para
que nós nunca lles deamos as costas, senón que saibamos ser a súa voz e a súa
defensa, OREMOS.
QUE
O NOSO ACTUAR TEÑA A SÚA RAÍZ EN TI
¨ Para que os enfermos, os excluídos,os
enganados e os criticados por ser diferentes e non deixarse dominar polos que
manipulan, enganan e abusan dos máis débiles, atopen en nós a man que os alente
e o tempo que os acompañe, OREMOS.
QUE
O NOSO ACTUAR TEÑA A SÚA RAÍZ EN TI
¨ Nestes días nos que en todo o Estado os
nosos nenos e nenas, mozos e mozas comezan un novo curso, poñemos o traballo e
esforzo de cantos conforman a comunidade educativa na túa man, Señor. Que
aprendan a descubrir e valorar o gran don dunha educación gratuíta e de
calidade, OREMOS.
QUE
O NOSO ACTUAR TEÑA A SÚA RAÍZ EN TI
Señor, hoxe lémbrasnos, unha e outra vez, que a fe sen
obras non ten nin forza nin sustancia. Que nunca a deixemos esmorecer coa nosa
covardía e a nosa falta de esperanza. PXNS. Amén.
OÍDOS ATENTOS
Qué tipo de mundo lle queremos deixar
aos que nos sucedan, aos nenos que están crecendo? Esta pregunta non afecta só
ao ambiente de maneira illada, porque non se pode plantexar a cuestión de modo
fragmentario. Cando nos interrogamos polo mundo que queremos deixar entendemos
sobre todo a súa orientación xeral, o seu sentido, os seus valores. Se non está
a latexar esta pregunta de fondo, non creo que as nosas preocupacións
ecolóxicas poidan lograr efectos importantes. Pero si esta pregunta se plantexa
con valentía, lévanos inexorablemente a outros inqueritos moi directos: Para
que pasamos por este mundo? para qué viñemos a esta vida? para que traballamos
e loitamos? para que nos necesita esta terra? Por iso, xa non basta dicir que
debemos preocuparnos polas futuras xeracións. Requírese advertir que o que está
en xogo é a nosa propia dignidade. Somos nós os primeiros interesados en deixar
un planeta habitable para a humanidade que nos sucederá. É un drama para nós
mesmos, porque isto pon en crise o sentido do propio paso por esta terra.
Comentarios
Publicar un comentario