Deus non é Deus de mortos, senón de vivos - Lc 20, 27-38

Domingo 32 de ordinario -ciclo C



DEUS NON É DEUS DE MORTOS

Deus, ti tes paixón pola vida,
enchede de mimo e coidado
todo o que alenta.

Pousas os teus ollos
neste mundo noso,
e condenas todos os intentos
de afogar a vida.

Ti non es amigo
dos que botan morte nuclear
nos mares e na terra.
 Ti non es amigo
dos que sementan
pánico e odio no mundo.

Ti non es amigo
dos que deixan tras de si
rastros de sangue e morte.
Ti non es amigo
dos que abusan da natureza
-calada e impotente-,
dos que abusan dos débiles
-calados tamén e impotentes-,
como son as grandes multinacionais,
os grandes poderes económicos,
os grandes poderes militares,
os grandes poderes relixiosos.

A ti non che reina
o malgasto de cartas e de sexo,
o malgasto de tempo e de ilusión,
mentres hai tantos famentos,
tantos necesitados de cariño,
tantas causas que precisan
dedicación e empeño.

Deus, ti amas a vida:
Ti prometes a vida
máis aló da mesma morte.
En ti todo reencontra vida.
Porque ti non es un Deus de mortos. 



Comentarios

Publicacións populares