Ditosos os que temen ó Señor e van polos seus camiños - Salmo 127

Festa de Sagrada Familia - ciclo C


FIN DE ANO

Que duros se fan os camiños vellos,
Señor da eternidade!
Como custa andar con ilusión fresca
polas fondas corredoiras de sempre!

Remátase o ano
e moitos soños morren con el;
vanse finando os días
e cada un leva ao lombo un bo anaco de nós.

Oh Señor das canas partidas
e das lapiñas que esmorecen!
Oh Señor das esperanzas rotas
e dos solpores e devalos!
Oh Señor das noites escuras
das travesías sen carreiros!

Ti séguesnos dicindo
que mañá é día grande,
que ti non es vello,
que tes para nos dar
moito máis do que nos deixas dado.

Que non nos falte, logo, neste ano,
nin o pan nin a paz,
nin a forza para buscalos,
para nós e para os demais.
Que melloren os pobres
e que os poderosos recúen na terra.

Oh Señor de todas as boas venturas!
Seremos capaces contigo
de facer para nós e para todos
abofé venturoso o ano que entra?




Comentarios

Publicacións populares