O Fillo do home veu para dar a súa vida en redención por moitos - Mc 10, 35-45
Domingo 29 ordinario - ciclo B
TI,
SEÑOR, DIXECHES
Ti, Señor, dixeches:
"Quen queira gardar a súa vida, perderaa;
e quen a gaste e a dea por min,
recobraraa".
Pero nos, a pesar de todo, temos medo
a gastar a vida e a entregala sen reservas.
Gastar a vida e traballar polos demais,
aínda que non nos paguen;
é facer un favor a quen non pode darnos nada a
cambio;
é arriscarse, mesmo ao fracaso, sen falsas
prudencias;
é queimar as nosas naves polo ben común
Gastar a vida non e algo que se faga
con xestos extravagantes e con falsa
teatralidade.
A vida entrégase sinxe1amente, sen
publicidade.
Ensínanos, Señor, a dar a nosa vida polo
Reino,
sabedores de que Ti estás esperándonos na
noite
con mil ollos humanos que nos desfán en
bágoas.
Comentarios
Publicar un comentario