A Santísima Trinidade para nenos


Non hai nada máis difícil que explica-lo misterio da Trinidade, así que pensei que o mellor era recordar o sinal máis habitual polo que lembramos ás 3 persoas: o Sinal da Cruz. Sinxelo, ás veces difícil para os nenos, pero necesario e útil para a catequese.

Hai dúas maneiras de facer o Sinal da Cruz:  Santiguándose e Persignándose.

Ao “santiguarnos”, facemos unha cruz cos dedos da man dereita desde a fronte ao peito, e desde o ombreiro esquerdo ao dereito dicindo: “No Nome do Pai, e do Fillo e do Espírito Santo”.
Santiguarse significa SANTIFICARSE; protéxenos cunha cruz grande a modo de escudo. Facer unha cruz sobre unha cousa ou sobre nós, é santificarla, bendicila, poñela baixo a protección de Deus.

Ao “persignarnos”, pedimos ao Señor que nos libre dos nosos “inimigos” cando pensamos (dos malos pensamentos), falamos (das malas palabras) e actuamos (de facer cousas malas). E para isto, facemos tres cruces co dedo polgar da man dereita:

-  A 1ª na fronte, dicindo: "Polo sinal da Santa Cruz,...
-  A 2ª na boca, dicindo: ...dos nosos inimigos...
-  A 3ª no peito, dicindo: ...líbranos Señor, noso Deus".



-----------------------------------------------------------------------------

Para explicar este gran misterio, existen certos símbolos que son entendibles á nosa razón: A Santísima Trindade é simbolizada como un triángulo. Cada un dos vértices é parte do mesmo triángulo e con todo cada un é distinto.

Tamén podemos simbolizar á Santísima Trindade como unha vela acesa: A vela en si mesma simboliza ao Pai, a mecha que se prende é o Fillo, que procede do Pai, e a chama acesa é o Espírito Santo. O tres son "vea", pero son distintos entre si. Hai, tamén, quen simbolizan á Santísima Trindade en forma de trevo. Cada unha das follas é "trevo" pero son distintas entre si.

Que facemos ao persignarnos? "No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo" É costume dos católicos repetir frecuentemente estas palabras, principalmente ao principio e ao fin das nosas accións.

Cada vez que facemos o Sinal da Cruz sobre o noso corpo, lembramos o misterio da Santísima Trindade.

- No nome do Pai: Poñemos a man sobre a fronte, sinalando que o cerebro que controla todo o noso corpo, lembrando en forma simbólica que Deus é a fonte da nosa vida.

-...e do Fillo: Colocamos a man no peito, onde está o corazón, que simboliza ao amor. Lembramos con iso que, por amor a nós, Xesús se fixo home, morreu e resucitou para librarnos do pecado e levarnos á vida eterna.

-...E do Espírito Santo: Colocamos a man no ombreiro esquerdo e logo no dereito, lembrando que o Espírito Santo nos axuda na nosa vida, que nos axuda e nos protexe.

-------------------------------------------------------------------------
A oración coa que lembramos habitualmente á Santisima Trinidade é o Gloria (con debuxos de Las Melli).



DEBUXOS DE LAS MELLI

-----------------------------------------------------------------
E, por último, este é un canto portugués que me encanta para a catequese, xa o tedes adaptado ó galego:

NO NOME DO PAI
No nome do Pai, no nome do Fillo
no nome do Espírito Santo, estamos aquí.(2)

Para louvar e agradecer,
bendicir e adorar
estamos aquí, Señor, polo teu Amor.

Para louvar e agradecer,
bendicir e adorar
e aclamar : Deus Trino de Amor.
------------------------------------------------------------
NO NOME DO PAI
DO                                             FA
No nome do Pai, no nome do Fillo
                        DO       SOL               DO
no nome do Espírito Santo, estamos aquí.

             FA                 SOL
Para louvar e agradecer,
DO                 LAm
bendicir e adorar
           REm                  SOL                 DO
estamos aqui, Senhor, polo teu Amor.

             FA                 SOL
Para louvar e agradecer,
DO                  LAm
bendicir e adorar
          REm                           SOL           DO
e aclamar : Deus Trino de Amor

Comentarios

  1. Hola!
    Encántame a canción, e tamén a tradución do sinal da Cruz.
    A verdade é que entre todos poderíamos facer un gran equipo se máis xente se animase a compartir como o fas ti aquí :)

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Xa me gustaría, pero non sei como facer para que a xente participe. Tampouco contestan á enquisa para saber que se necesita, imos coma os cegos "a palpo"...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares