O pobo viu unha grande luz na Galilea dos xentís - Is 8, 23b - 9, 3

Domingo 3 de Ordinario - ciclo A


APRENDENDO A SER DISCÍPULO

Paseando pola beira do lago,
ou percorrendo pobos e cidades,
ou penetrando no silencio do deserto,
ou detendote nas prazas públicas,
ou contemplando os xentíos derrengados,
ou convidándote a comer na nosa casa,
ou facéndote presente nas sendas e encrucilladas
que frecuentamos, e nas que nos perdemos...
vesnos tan atrapados
nas redes do onte e do presente
-no traballo, na familia,
no lecer ou no negocio,
no paro ou no confort,
no fracaso e na desilusión,
nas viaxes e nas soidades,
en internet e facebook,
nos msn, twitter e skype,
nas drogas con nome ou sen el,
nas migallas de pracer....

Pero Ti convídasnos e chamas a seguirte,
deixando o que nos ata libremente,
e ofrecéndonos un novo horizonte
se cremos e acollemos o reino que traes.

E nós escoitámoste,
e deixando todas as redes,
convertémonos
e ímonos contigo,
e gustamos a túa boa noticia ao instante.

Mais ao pouco tempo,
como case sempre,
vén a crise,
se nos nubla o horizonte,
facémonos reticentes
e esquecémonos de que nos namoraches.

Pero Ti, que es fiel,
volves chamarnos polo noso nome
e a rumorearnos os teus quereres
convidándonos a ser os teus seguidores
para que vivamos felices.

Florentino Ulibarri








Comentarios

Publicacións populares