Estades diante do monte Sión, da cidade do Deus vivo-Heb 12, 18-19. 22-24a

Domingo 22 do Tpo. Ordinario - ciclo C


A PAZ DA CRUZ

Señor Xesús,
ti buscaches a paz;
pero a paz para ti non o foi todo.
Máis importante cá paz
era para ti o recto coñecer a Deus.

Máis importante cá paz
era para ti a xustiza,
os dereitos dos desprezados.

Señor Xesús,
admírote,
porque non lle tiveches medo
aos caciques do teu tempo:
os sacerdotes,
os gobernantes,
os entendidos na relixión.

Todos eles usaban o seu poder
para poñer clases e diferenzas
entre a xente
que Deus fixera irmáns.

Señor Xesús,
Lóote e douche grazas
polas veces que lles plan taches cara
a eses lercháns.

Señor Xesús, .
quero imitarte,
e contigo ser forte fronte
aos que hoxe abusan e oprimen;
e tamén fronte a aqueles
que pretenden apartarme,
no nome de Deus!
de loitar cos humildes.

Señor Xesús,
pacífico e loitador,
en ti quero aprender
o camiño de Deus. 



Comentarios

Publicacións populares