CANTO DE VODAS-Bendito sexa Deus




BENDITO SEXA DEUS 
(Carlos Otero Padín)

BENDITO SEXA DEUS QUE NOS XUNTOU
E EN NÓS FAI XERMOLAR O SEU FERMOSO AMOR (2)

Vimos darche grazas por darnos a luz e por toda a beleza da nova creación.
Neste día grande sentimos en nós felicidade plena no corazón.

Danos pola gracia vivir sempre fieis ao noso compromiso manténdonos na fe.
Gracias, Deus da vida, bendícenos Ti, no teu amor fecundo fainos vivir.

Grazas, Señor noso, por dárno-la luz, o ben e a beleza, a enteira creación.
Neste día grande sentimos en nós felicidade plena, intenso amor.

Quero ter decote a gracia de Deus pra no sentir na alma tristeza e desazón.
Agradezo a vida que Deus me dispón con paz e con ledicia no corazón.

Comentarios

Publicacións populares