Matastes o autor da vida, a quen Deus resucitou de entre os mortos-Feit 3, 13-15. 17-19

Domingo 3 de Pascua - ciclo B


XESÚS ENVÍANOS

Xesús envíanos.
Esta misión é hoxe de urxencia
diante das dificultades e problemas 
polos que están a pasar
moitas persoas en moitas partes do noso mundo,
cerca pero tamén lonxe de nós,
por iso o seu IDE… chámanos :
Para encher a terra de luz,
Para sementar ledicia e esperanza,
Para proclamar misericordia e perdón,
Para traballar pola paza,
Para consolar aos que sofren,
Para evanxelizar os pobres,
Para ser testemuñas da resurrección
Para asegurar que Deus nos ama 
e que a vida consiste en amar.
          
  (Sobre un texto de Cáritas, 2012)



Comentarios

Publicacións populares