Sentará sobre o trono da súa gloria e separará uns dos outros-Mt 25, 31-46

Domingo 34 de ordinario - Cristo, Rei do Universo


VEÑA O TEU REINO

Noso Pai que estás e reinas no ceo, 
que estás tamén e queres reinar na terra;
axúdanos a ser e vivir como irmáns.

Que o teu nome sexa bendito, santificado, respectado;
que todos te coñezan, 
e que nós te deamos a coñecer na nosa vida.

Que veña o teu Reino:
que veña a xustiza, a solidariedade, a paz;
que ninguén morra de fame, nin de sede, nin de odio;
que ninguén sexa explotado, oprimido,
que ninguén sexa excluído, marxinado, discriminado.

Que veña o teu Reino, o teu Espírito, 
e se apropie dos nosos corazóns 
e empece neles a reinar con forza, 
para que nos empeñemos xa en facer a túa vontade 
na terra, como se fai no ceo;
para que anticipemos xa na terra 
o reino de solidariedade que hai no ceo. 

AMÉN

            José Enrique Ruiz de Galarreta


Comentarios

Publicacións populares