A30. Eu ámote, Señor. Ti es a miña forza. - Salmo 17

Domingo 30 de ordinario - ciclo A


GRAZAS, PAI

Grazas, Pai,
porque te fuches convertendo pouco a pouco
no máis importante da miña vida.

Grazas, Pai,
porque es o núcleo vital
o redor do cal vou xirando, mellor ou peor,
aínda que por veces me mareas
porque es algo grande e marabilloso.

Grazas, Pai,
porque produces en min unhas enerxías
que tivese crido imposibles.

Grazas, Pai,
polo Espírito de Xesús
que sinto dentro de min,
asentado e vivo,
en cada recuncho do meu corpo
e que fai arrancar cada movemento
que poño en marcha.

Grazas, Pai,
porque, estando vivo dentro de min,
espertas no meu ser cada mañá
a paixón pola xustiza.




Comentarios

Publicacións populares